InicioCULTURAAs Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Emerxe o Orgullo LGTBIQ+ na Coruña a ritmo de música. Días nos que a diversidade toma a cidade, e toda esa xente que na vida diaria se camufla entre o socialmente establecido, saca as súas mellores galas para demostrar que vivimos nunha cidade aberta, a pesar de episodios tan crueis como o do lembrado Samuel.

O Atlantic Pride permite visibilizar toda esa marea de arte que hai detras da liberdade. O festival arrincaba o domingo na Fundación Luís Seoane a base de electrónica con Joe Crepúsculo e Señora Dj.

Un dos puntos que máis interese traía era o concerto do luns. As Fillas de Cassandra volvían á Praza de Pontevedra un ano despois de estrear o Varre Vasoira invitadas polo seu produtor Berto. Contábano elas mesmas, como o comprometido temazo que aspira a parar toda unha guerra, tense convertido en apenas un ano nun himno xeracional. Un tema que exemplifica o auxe dunha parella de rapazas de 20epico que van romper todas as fronteiras coa súa mestura de tradición e música contemporánea.

As viguesas María Soa (1996) e Sara Faro (2001) seguen a estela de bandas como Baiuca ou, por suposto, as Tanxugueiras, e representan ese destape (nunca mellor dito no marco do Orgullo) da evolución música tradicional galega. Rapazas que viviron a tradición dende o berce (nótase en como a pandeireta é unha extensión das súas mans), e que o maridan á perfección (cunha gheada tan suave como marabillosa), coa música que escoitan e bailan dende a adolescencia.


Temazos frescos e divertidos como o “Punheta” (feito con Mondra) mestúranse con outros cantados case a capela como “Dafne e Sirynx”, que relatan crúas historias reais como esta de dúas mozas que “só querían estar soas”.

A química que desprenden no escenario é compartida polos centos de mozos e mozas de toda a comarca que corean o “eco” de cada tema e que disfrutan desa perda de prexuizos dunha cultura galega que está rompendo con todos os estereotipos.

O Atlantic Pride continúa ao longo de toda a semana na Praza e nos Xardíns de Méndez Núñez, con artistas de todo tipo e condición.

Programa completo

programa completo Atlantic Pride 2023 Coruna

ÚLTIMAS

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

Renfe aumentará prazas e servizos entre A Coruña e Vigo e entre A Coruña e Ourense a partir do 15 de outubro

Renfe anunciou a posta en marcha, a partir do 15 de outubro, o chamado...

O transporte de mercadorías da Coruña volve ás mobilizacións: os sindicatos denuncian unha perda salarial do 13 %

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT, que integran a mesa negociadora do convenio provincial...

Un mural colectivo para o Parque do Observatorio na “Festa dos Coidados”

Continua vivo o proxecto «Agra: un barrio de coidados», desenvolto por Arquitectura Sen Fronteiras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here