InicioCAMBRECastrexos e Romanos selaron a paz na Galaicoi

Castrexos e Romanos selaron a paz na Galaicoi

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois dunha fin de semana de batallas encarnadas, castrexos e romanos conseguiron liquidar as súas diferenzas e enterrar o machado no peche da VI edición da festa Galaicoi. Tras disputar a batalla final na zona do castro, os xefes de ambos os clans acordaron asinar a Tessera Hospitalis como mostra da paz que reinará en Cambre ata, polo menos, o próximo ano.

Imaxes da cruenta batalla do castro

Este acto foi o broche de ouro do programa do sexto Galaicoi, no que o Concello de Cambre rexistrou un auténtico éxito de asistencia ao longo dos tres días. Unha festa na que a veciñanza é protagonista o que lle dá un impulso máis auténtico e máis participativo.

De feito, a Galaicou conta cunha ampla representación do tecido asociativo. En total, foron 23 as asociacións veciñais, culturais e deportivas de Cambre que ocuparon as cabanas castrexas. As entidades amenizaron a cita durante toda a fin de semana, comendo, bailando e facendo música. É dicir, converter o castro nunha romaría tradicional.

A programación deste ano incluíu un concerto da Compañía Festicultores, representacións teatrais da compañía Noite Bohemia, recreacións de batallas, showcookings de pratos típicos da época, pasarrúas musicais e teatreiros, obradoiros de artesanía tradicional e un mercado con preto de 50 postos.

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here