InicioPOLÍTICAFormoso súbese o soldo á fronte da Deputación: de 77.300 a 80.000...

Formoso súbese o soldo á fronte da Deputación: de 77.300 a 80.000 euros anuais

Publicada o

Por europapress

pleno da Deputación da Coruña aprobou este xoves a proposta de organización do goberno provincial para o mandato 2023-2027 con dez áreas de goberno e co PSdeG na presidencia e o BNG na vicepresidencia.

Nunha sesión con todos os puntos do día aprobados por unanimidade, acordouse a repartición de áreas nun goberno provincial conformado por socialistas e nacionalistas tras o pacto de goberno asinado entre ambas as formacións. Valentín González Formoso (PSOE) repetirá como presidente e Xosé Regueira como vicepresidente.

En canto ás comisións, estarán integradadas por doce deputados, dos que cinco pertencerán ao grupo popular, catro ao socialista, dous ao BNG e un ao de Alternativa dos Veciños.

Respecto das retribucións, o presidente provincial pasa dun salario bruto de 77.394 euros a 80.000 euros, mentres que o vicepresidente pasa de 68.171 euros a 72.369,75 euros anuais.

Os deputados con dedicación exclusiva terán unha retribución de 69.441,14 euros brutos ao ano. En total, no pleno aprobáronse 17, as mesmas que no anterior mandato.

ÚLTIMAS

Investigan a tres Riazor Blues por lesións e ameazas a un siareiro do Atlético de Madrid

A Policía Nacional investiga a tres persoas vinculadas aos 'Riazor Blues' por un delito...

Estas son as alternativas para evitar o corte de tráfico na rolda da Pasaxe

Entre o luns 30 de marzo e o mércores 1 de abril, a Xunta...

Sirat e Antes de Nós triunfan nuns Mestres Mateo de protagonismo feminino

Sirāt e Antes de nós protagonizaron a gala dos XXIV Premios Mestre Mateo, celebrada no Auditorio Fuxan os...