InicioCULTURA106 barcos participarán no XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Sada

106 barcos participarán no XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Sada

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) pechou a inscrición para a participación de barcos no XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará en Sada do 3 ao 6 de agosto, con 106 participantes, superando as expectativas da organización.

Dornas, botes polbeiros, galeóns, gamelas ou bucetas de orixe galega e tipoloxías propias de Cataluña, Euskadi e ata de Irlanda reuniranse na vila coruñesa a partir do xoves. Algunhas delas xa chegaron hoxe ata o porto de Fontán no III Convoi Tesa a Escota Proa a Sada, que navegou dende Muros, pasando por Corme, durante a fin de semana. Foron oito as embarcacións que fixeron xuntas o percorrido: Xeiteira Canle, Dorna de tope Lavanqueira, Dorna nai, Galeón Eliseo, Racú Laberco, Balandro Joaquín Vieta, Galeón Ave de Paso e Dorna nai Uxía. A elas uníronse media ducia de barcos dende Ferrol e localidades cercanas. Na vila xa estaban atracadas a Irmandiña e a Meca, do Grove, e o Luísa Tres, de Combarro.

O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que celebrará a súa inauguración oficial o xoves pola tarde, inclúe no seu programa diversas actividades, tanto en terra, como concertos, obradoiros para a cativada, presentación de libros ou exposicións, como en mar, como navegacións pola costa sadense e as localidades próximas durante as catro xornadas, así como unha concentración e exhibición dos participantes no porto de Fontán, visitas guiadas ao interior dos barcos e un bautismo de mar de novas embarcacións. Xa están dispoñibles na web do encontro as reservas

Encontro de Embarcacions Tradicionais de Sada

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here