InicioA CORUÑAJames Rhodes pechou cunha velada máxica as Noites do Porto

James Rhodes pechou cunha velada máxica as Noites do Porto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O pianista James Rhodes pechou esta pasada noite de domingo, no peirao de Batería, a segunda edición de ciclo de concertos Noites do Porto. O intérprete ofreceu por primeira vez en Galicia un concerto unicamente con composicións do polaco Frédéric Chopin, traendo esa música de hai máis de 200 anos á máxima actualidade.

Ese é precisamente un dos grandes logros deste pianista excelso, que sabe trasladar, cos dedos cos que consegue que un solitario piano de cola soe como unha orquestra, pero tamén coas súas explicacións, a maxia dos compositores de sempre.

A carpa instalada no peirao foi un escenario ideal para un concerto durante o cal, coa maior naturalidade, deixou patente o seu amor por Galicia, a súa segunda casa. Falou moito en galego

 

View this post on Instagram

 

A post shared by James Rhodes (@jrhodespianist)

 

View this post on Instagram

 

A post shared by James Rhodes (@jrhodespianist)

O vindeiro mércores, 26 de outubro, o estadounidense M Ward porá o broche de ouro a esta segunda edición de Noites do Porto. Será cun concerto de presentación do seu último traballo discográfico e terá lugar na Sala Garufa.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...