InicioBARRIOSComezan a instalación da estrutura que conectará os barrios de Matogrande e...

Comezan a instalación da estrutura que conectará os barrios de Matogrande e Xuxán

Publicada o

Por editor

A madrugada do martes 22 ao mércores 23 de agosto arrincou a creación da primeira conexión peonil entre os barrios de Matrogrande e Xuxán. Os traballos para a execución desta estrutura contan cun orzamento de 1,3 millóns de euros (IVE incluído) e estarán finalizados no último trimestre do 2023.

A actuación desenvolverase en horario nocturno para evitar alteracións no tráfico ferroviario.
O horario de traballo será de 00.00 a 05.00 horas durante as próximas semanas, nas que se colocarán as vigas prefabricadas para a prolongación do túnel situado xunto á rúa  eSbastián Martínez Risco, á altura do colexio Liceo La Paz.

A nova infraestrutura, composta de vigas prefabricadas, será de 70 metros de longo e os
apoios sobre os que se asentará xa están executados. Enriba irá unha lousa de tránsito peonil axardinada.

Investimento de 11,6 millóns en Xuxán

Lembran o investimento de 11,6 millóns de euros no barrio de Xuxán, así como aprobación de 11 licenzas de obra para 832 vivendas dende 2019.

Na actualidade estase a traballar na gran praza central do barrio, cunha gran parte da obra
xa executada.

 

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña adxudica o contrato para o Programa de Lecer Cultural do IMCE

O Concello da Coruña adxudicou o contrato para o Programa de Lecer Cultural do...

O Salón do Cómic inaugura unha mostra sobre a Guerra Civil con adaptación de obras de Paul Preston

O Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico acolle desde este venres unha mostra...

Nova xornada de folga no persoal do comercio de alimentación en demanda de melloras laborais

Persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña secundou este luns unha nova...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here