InicioBARRIOSNovas estacións de Bicicoruña no Barrio das Flores eno CHUAC

Novas estacións de Bicicoruña no Barrio das Flores eno CHUAC

Publicada o

Por editor

Quedaron instaladas, á espera da activación en 2-3 semanas, os traballos de instalación de dúas novas bases do servizo municipal de BiciCoruña, situadas na praza dos Freixos (Barrio das Flores) e no treito da avenida da Lamadosa máis próximo ao CHUAC.

No caso da nova estación da praza dos Freixos, trátase da primeira estación de BiciCoruña que toma forma no Barrio das Flores. Está localizada no illote central de estacionamento próximo ao cruzamento coa rolda Camilo José Cela, moi preto do CEIP María Pita e o Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario. A colocación da base non supón, en ningún caso, a perda de ocos para estacionar vehículos.

Tamén omezaron os traballos para instalar a nova base de BiciCoruña no treito da avenida da Lamadosa máis próximo ao CHUAC, nas proximidades do cruzamento coa rúa Lugar de Curramontes.

Vaise completando esta fase de expansión con 49 (47 activas) das 55 novas estacións previstas xa instaladas.
A seguinte fase, con fondos Next Generation, incluirán chegar ata as 90 estacións.

A Marea sobre BiciCoruña: “O servizo debe mellorar nos barrios para que sexa unha alternativa na mobilidade cotiá”

ÚLTIMAS

Unha táboa flamenca do século XVI recuperada do tráfico ilícito entregada ao Museo de Belas Artes da Coruña

O Ministerio de Cultura entregou ao Museo de Belas Artes da Coruña -- de...

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña anunciou que recorrerá a...

Inés Rey destaca o San Xoán e o Recorda Fest, ademais do eclipse, no aumento da ocupación hoteleira

A cidade da Coruña medrou en visitantes e en pernoitas, cunha ocupación media nos...

As familias do IES Zalaeta esixen seguridade para comezar o curso

Non hai comezo de curso tranquilo na cidade. Hoxe empeza o curso e no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here