InicioECONOMÍATres meses para que a Axencia Española de Supervisión da IA empece...

Tres meses para que a Axencia Española de Supervisión da IA empece a funcionar na Coruña

Publicada o

Por editor

A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) empezará a funcionar de forma efectiva nun prazo máximo de tres meses, segundo o real decreto polo que se aproba o estatuto do organismo, documento publicado este sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE).

O Consello de Ministros aprobou o pasado 22 de agosto o estatuto deste organismo que se adscribe ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e co que España se converte no primeiro país europeo en ter un órgano destas características.

A Axencia, que terá a súa sede na Coruña e coa que España tamén se anticipa á entrada en vigor do regulamento europeo de Intelixencia Artificial, ten o obxectivo de ser “clave” en xestionar e liderar o ecosistema español de intelixencia artificial responsable.

Ademais, a axencia contará cunhas guías operacionais de implementación dos requisitos da normativa europea en materia de intelixencia artificial que os usará para xerar coñecemento entre o ecosistema sobre o cumprimento dos requisitos, así como o acompañamento nos cambios que se necesitan realizar para asegurar o devandito cumprimento, tal e como se detalla no estatuto.

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here