InicioBARRIOSA billarda tamén se rescata no Campo da Leyma

A billarda tamén se rescata no Campo da Leyma

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O antigamente coñecido como Campo da Leyma, agora Victor Fernandez Alonso, acolleu esta fin de semana a 3ª xornada da Liga Atlántica de Billarda. Nada menos que 66 palanadores das provincias de Lugo, Pontevedra e Coruña conformaron unha das mellores xornadas de billarda dos últimos anos.

Toda unha xornada de rescate deste xogo tradicional, que as xentes da LNB están convertindo en toda unha referencia deportiva.

Unha materia na que son potencia os Filloas de Sangue e os Foucellas, dous equipos da Coruña, pero que teñen duros competidores en campións como os equipos de Paiosaco, A Laracha, Cerceda ou Sanxenxo.

Precisamente, na clasificación final por equipos venceu o “Filloas de Sangue” da A Coruña, por dos Billardeiros Musicais de Ribadeo, e o APB-A Laracha.

Kevin e Juan da Billarda Coruna
Podio infantil

Na categoría infantil, fixo valer o potencial herculino Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña), vencendo a Juan (Foucellas -A Coruña) e a Kevin (APB-A Laracha).

En Categoría feminina houbo dominio lucense, con Dori e Geni (de Billardeiros Musicais -Ribadeo) e Delia (Billarda Río Miño – Castro de Ribeiras de Lea-Lugo), copando o podio.

Xa en absoluta, Corton (Castro de Ribeiras de Lea-Lugo) foi o campión por diante de Abel Regueiro e David (dos Cochiqueiros de Cerceda).

A próxima xornada disputarase en Paiosaco o 22 de outubro.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here