InicioA CORUÑAArrincou, con protestas, a folga das traballadoras do SAF

Arrincou, con protestas, a folga das traballadoras do SAF

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Servizo de Axuda do Fogar é un servizo básico, externalizado pola Xunta, que coida da vida. Un sector tremendamente feminizado e precarizado, que leva máis dunha década cun convenio obsoleto que as administracións non quixeron arranxar.

Tras máis dun ano de protestas, a Xunta decidía o pasado mes sentarse a negociar, pero os sindicatos CCOO e UGT asinaban un preacordo que non aceptan as traballadoras, pois apenas blinda unha suba do 1% para os vindeiros 4 anos, cando o IPC supera o 7%.

De aí que a través da CIG as traballadoras de todo o país volvesen á carga. Onte comezaba a folga convocada polo sindicato, que cifra nun 70-80% o seguemento, a pesar dos servizos mínimos “abusivos” nalgún Concello.

Ademais, as traballadoras realizaron diferentes concentracións de protesta con pancartas que piden “Por un convenio digno”, tanto na Coruña como noutros concellos da comarca de Bergantiños.

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...