InicioCULTURA32 anos de FIOT

32 anos de FIOT

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro Tojo

Dise pronto. 32 anos pasaron dende aquel primeiro festival de teatro que tanta expectación creou no seu momento e que ano tras ano conseguiu consolidarse como un dos mellores festivais de teatro de España, convertendo a Carballo no centro teatral do país durante todo o mes de outubro.

A este grupo de amantes das artes escénicas hai que darlle o merecido recoñecemento polo tremendo esforzo que realizan ano tras ano para ofrecernos aos seguidores unha espléndida mostra do mellor que cada ano enche os salóns.

20231015 FIOT32 - El traje © Vanessa Rábade 37 copia
O público ateigando o Pazo da Cultura de Carballo o pasado 14 de outubro-Foto: © Vanessa Rábade

Este ano a ampla programación da 32ª edición do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT) alcanza niveis de calidade excepcionais en todos os ámbitos que abrangue, aínda que imos facer referencia ao ciclo denominado “Programación de sala”, no que se presenta unha extraordinaria selección de espectáculos que constitúen un magnífico exemplo de como o teatro pode converterse nun medio excepcional de transmisión dos problemas que na nosa sociedade son elementos de polémica e converterse no eixo que enche os debates cotiáns, sexa violencia machista, acoso escolar, dereitos das minorías, a vivir satisfactoriamente a súa sexualidade, á explotación cotiá no mundo laboral, etc. e iso sen esquecer que o teatro é tamén un lugar de recreo, xogo e onde o humor e a ilusión son parte esencial del.

Acabamos de asistir á representación de “El Traje”, obra de Javier Cavestany, que decidiu revivir despois de máis de 10 anos dende a súa estrea, tendo en conta que as motivacións que o levaron a escribila persisten nos tempos que corren.

É difícil etiquetar a obra, tendo en conta que nela se entrelazan estilos moi variados, que nos lembra ao “teatro do absurdo” de Samuel Becket, da farsa burlesca máis desquiciada, aínda que unha amargura, ás veces patética, se apodera da escena provocándonos un nudo na gorxa.
Cavestany, na súa faceta de director, dálle á interpretación un ritmo frenético, dándolle unha forza e unha violencia física e verbal que nos atrapa dende o primeiro minuto e non nos abandona ata o peche, en contraste coa situación absurda que nos formula. Absolutamente xenial.

É certo que ten un as baixo a manga: a elección de dous actores, Javier Gutiérrez e Luis Bermejo, cuxa recente extraordinaria colaboración na magnífica adaptación que realizaron a pasada tempada de “Los Santos Innocents”, deulles un sintonía sobre a escena, unha “química” moi difícil de conseguir. Que enorme pracer contemplar como ambos actores enriquecen o texto minuto a minuto cun xogo teatral simplemente prodixioso e esgotador.

A obra é como unha montaña rusa onde as situacións van do absurdo ao patetismo, cunha visión amarga do mundo competitivo onde ambos personaxes expoñen as súas miserias e dor, pero todo iso cun humor vitriólico que enriquece a visión que o autor quere envíarnos.

Esperemos que o FIOT siga brindándonos ao longo deste mes co que queda de programa, e nos vindeiros anos, momentos tan lúdicos e emocionantes como o que nos aportou esta obra.

20231015 FIOT32 - El traje © Vanessa Rábade 36 copia
Longo aplauso para El traje © Vanessa Rábade 36
  • Ubaldo Cerqueiro Tojo. Coruñés da Rúa Vizcaia, amante do teatro, o cine e a ópera. Redactor nos anos 90 da revista Vértigo, editada polo Ateneo Curros Enríquez.

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

Maxia e humor

Teño un problemiña cos magos e os humoristas. Dende a máis tenra infancia. Póñome...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here