InicioSOCIEDADEO acordo asinado, a “desunión sindical profunda” e a “división entre o...

O acordo asinado, a “desunión sindical profunda” e a “división entre o profesorado” non impide un seguemento amplo da folga do Ensino

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Actividade intensa no mundo do ensino estes días con diversas folgas. Se por un lado as traballadoras das Escolas Infantís continúan mañá co seu calendario de mobilizacións, polo outro, hoxe 31.000 docentes de centros de ensino de Primaria, Secundaria, FP, Conservatorios… estaban chamados a unha nova xornada de folga.

Unha folga convocada polos sindicatos CIG, CSIF e STEGA, despois de que a Consellería de Educación asinase un acordo con UGT, CCOO e ANPE. Un acordo que ten validez oficial a pesar de non estar asinado polo sindicato maioritario (dos 15 postos da parte social, a CIG ten 8, e os sindicatos asinantes teñen 7). “Se isto fose unha empresa privada, non habería acordo”, lamenta o secretario nacional da CIG, Suso Bermello, criticando que “os funcionarios públicos non temos dereito a un acordo de convenio colectivo como na privada”.

Bermello, ademais de lamentar a “desunión sindical profunda”, fai fincapé na “división entre o profesorado” que ten provocado a Consellería coa súa proposta na que ofrece melloras pero diferenciando as direccións, o mestrado de Infantil, Primaria ou Secundaria. ”Estase aprobando un acordo lowcost”, califica Bermello.

Participación “maioritaria” na folga

Se ben a Xunta asegura que o seguemento ronda o 15%, a CIG, tras facer unha boa “batida de chamadas pola meirande parte dos centros, hai seguemento de 70% de Secundaria, e un 40% en Primaria. A media quedaría por riba do 60%, e ese dato, tendo en conta a división xerada entre o profesorado e bombardeo incesante da Conselería e os medios afíns nestas semanas, parécenos un éxito rotundo. “Es diferenza ten unha razón de ser porque trata dun xeito diferente un profesor que o outro”, reincide Bermello.

Ademais, esta mañá desenvolvíase unha manifestación pasada por auga, en Compostela, con “máis do doble de xente que nunha manfeistación semellante de hai 4 anos, e daquela se convocaba polos 4 sindicatos que estamos na mesa de negociación (CIG, UGT, CCOO e ANPE), e temos claro que a presenza dun acordo polo medio desmobiliza, e aínda así notamo que segue un rexeitamento claro”.

Manifestacion da CIG ENsino en Compostela
Imaxe da manifestación de hoxe en Compostela

Reivindicacións: Ratio, horario e soldo

Na CIG aceptan que no acordo asinado “non hai recorte no que vén sendo ese acordo asinado polos outros 3 sindicatos, pero non hai por onde collelo na política de mellora de dereitos”.

”A parte máis criticable é o da ratio”, explica. “O calendario de aplicación en Infantil é real, a 3 anos, pero é impresentable que en Primaria se vaia a 9 anos; e que o de ESO e FP empezaría a negociarse dentro de 4 anos. Hai casos máis graves como o FP no que, a pesar do boom e a alta demanda, non se toca nada nos ratios”.
Hai outro punto que Bermello describe como a “Cláusula de descolgo”, que podería permitir que “pola porta de atrás se permita non desdoblar grupos que superan o máximo de 25 alumnos por aula. “O acordo deixa a porta aberta a que no caso de que non haia espazo fisico nun centro para reducir as ratios, se poidan manter enviando un novo alumno a outro centro”.

Outro punto clave é o Horario lectivo: “Só reduce en infantil e primaria de 25 a 23 horas lectivas. Nós estabanmos disposto a aplicar un calendario de 2 anos, se chegásemos ás 21 horas que xa tiñamos antes da modificación do PP”.
Ademais, “ao resto de profesorado non se lles recupera o horario, polo que estamos diante doutro elemento que divide o profesorado”.
Outro argumento principal para que a CIG non asinar o acordo é que non hai medidas que reduzan a burocracia”.

E por último, “está o aspecto económico. “Nós propuxemos que se incvestiran os cartos para contratar máis profesionais, equitativamente entre todo o profesorado. Pero a Xunta fixo algo que non se fixo dende 1990: máis cartos para direccións, asesoramento, máis cartos para quen é máis antigo… e 10 miseros euros en 2 anos para os profesorado de base. Outra medida para dividir”.

Vindeiros pasos

A CIG prepara un comunicado cos outros dous sindicatos (STEGA e CSIF) para enviarlle a súa proposta á Consellería, pero sen moita confianza en que rectifique polo que “teremos que continuar coas mobilizacións”.

Folga paralela das Escolas Infantís

Paralelamente, as traballadoras/es das escolas infantís privadas e de xestión indirecta (no caso coruñés, as municipais), etapa 0-3, volverán á folga este mércores 25 de outubro en resposta ao bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, cuxas táboas xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.
Como na primeira xornada de folga (convocada por CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), que foi un éxito, o persoal mobilizarase nas cidades de Vigo e A Coruña.
Na Coruña, a mobilización será ás 11:30 dende a Praza de Pontevedra até o Obelisco, pero ademais, de non rectificar o Concello da Coruña os abusivos servizos mínimos decretados para as escolas infantís municipais (de xestión privatizada), a protesta continuará dende o Obelisco até a Praza de María de Pita.

Novas relacionadas

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

ÚLTIMAS

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, absolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...

Alas Coruña celebra que o veredicto do xurado popular polo asasinato de Samuel recolla a “motivación homófoba”

A asociación LGTBI+ Alas Coruña, entidade que exerce a acusación popular no caso do...

As defensas dos acusados do asasinato de Samuel anuncian recursos

Avogados da defensa na malleira mortal a Samuel Luiz anunciaron recursos tras o veredicto de...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here