InicioMOV. SOCIAISA folga das traballadoras das Escolas Infantís: “Somos educadoras, non coidadoras”

A folga das traballadoras das Escolas Infantís: “Somos educadoras, non coidadoras”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Con arengas como “Somos esenciais, e precarizadas”, “Con estes salarios, non cheo a fin de mes” ou “Somos educadoras, non coidadoras”, as traballadoras das escolas infantís (de 0 a 3 anos) de toda Galicia se manifestaban desafiando ao tempo esta mañá de xoves 19 de outubro. Unha concentración, ceñlebrada na Praza de Pontevedra (ata o Obelisco) que supón a primeira das xornadas de folga “por un convenio digno” que continuarán os 25 de outubro e 8 e 15 de novembro.

Non puideron estar todas as que querrían, pero os “servizos mínimos abusivos” como denunciaron o colectivo @educadorasenloita impediron presenza de máis traballadoras tanto das municipais (en relación ás privadas ou de xestión indirecta) como as da Xunta (as Galiñas Azuis dependentes do Consorcio Galego).

Porque hai dúas loitas que hoxe se uniron. As traballadoras dependentes do Consorcio levan anos de loita, xunto coas compañeiras das residencia de maiores autonómicas, pola fixeza dos seus postos de traballo e uns soldos dignos. Paralelamente, a traballadoras das escolas infantís privadas ou de xestión indirecta (na cidade, as municipais) inciaron estas semanas a súa folga. Hoxe era o primeiro chanzo para unir ambas guerras nunha mesma.

Así, a concentración contou co apoio dos sindicatos CCOO, CIG e SNEP; pero tamén co da CUT, que criticou a falta de información ás traballadoras dependentes da Xunta.

Concentracion TRaballadoras Escolas Infantis Coruna outubro 2023 2

Esixencias paralelas polo doble raseron

Dase a circunstancia de que na actualidade existen dúas táboas salarais diferenciadas para traballadoras de xestión directa e indirecta, evidenciando as diferenzas salariais entre un servizo dependente do público ou 100% de xestión privada.

Se ben a Xunta propón unificalas baixo criterios máis próximos aos entes privados e negando as condicións salariais dos pregos públicos, sindicatos como CUT o consideran “algo inadmisible”.

En calquera caso, piden:

Subida salarial acorde ao SMI tanto para as escolas de xestión privada directa como as de xestión indirecta sometidas a organismos públicos.

  • Recuperación dos horarios de 18 e 21 horas nun máximo de 2 cursos.
  • Redución das ratios en todas as ensinanzas, comezando no 2024/25 e con aplicación como máximo no remate de cada etapa.
  • Aplicación de medidas inmediatas (curso 2024/25) para a redución da burocracia: aumento das horas de liberación para cargos directivos, de coordinación e titoría e aumento de persoal administrativo.
  • Reparto lineal da masa salarial comprometida pola Consellaría entre todo o profesorado.

 

 

Máis novas

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

As traballadoras das escolas infantís municipais critican os servizos mínimos abusivos para a súa folga

ÚLTIMAS

“Reformar a Primaria é facela protagonista, cando a día de hoxe está sendo a última dentro do sistema sanitario”

Celebrouse esta mañá de luns 13 de abril unha Concentración no Centro de Saúde...

A nai de acollida que ameazou cunha folga de fame logra que a Xunta escolarice o seu fillo na Coruña

A coruñesa Carmen Villar, que ameazou cunha folga de fame ao considerar que a...

Aberto o prazo para os cursos culturais do Fórum e do Ágora

Despois de 3 meses de parálise, e moito lío, o Concello abre os días...

As traballadoras das grandes cadeas do textil e calzado póñense en folga

Asinar un novo convenio a nivel estatal e recurtar dereitos adquiridos polas traballadoras na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here