InicioSOCIEDADERicardo Cao presenta a súa candidatura a reitor da UDC coa demanda...

Ricardo Cao presenta a súa candidatura a reitor da UDC coa demanda de máis financiamento e o impulso de participación

Publicada o

Por europapress

O 4 de novembro serán as Eleccións á Universidade da Coruña (UDC), e o catedrático de Estatística Ricardo Cao presentou a súa candidatura a reitor no proceso electoral. Fíxoo  demandando máis financiamento ás administracións públicas.

Destacou, ademais, como eixos fundamentais do seu proxecto “intensificar” a participación da comunidade universitaria, “planificar” a substitución xeracional e “captar e reter” talento.

Así o manifestou na presentación oficial da súa candidatura celebrada este luns na Facultade de Informática da UDC. O seu obxectivo como reitor, segundo explicou, é conseguir unha universidade pública “de calidade, adecuadamente financiada”, así como “enraizada” na cultura galega pero “aberta ao mundo”.

O seu proxecto, impulsado desde o colectivo Nova Loce, o mesmo que no seu día promoveu a candidatura do actual reitor, Xullo Abalde, ten como “leitmotiv” a igualdade no impulso de oportunidades e a atención á diversidade “coa implicación de toda a comunidade universitaria man con man”. “A UDC debe ser integradora, solidaria, inclusiva, igualitaria e redistributiva”.

AMEAZAS

Respecto das “ameazas” coas que se enfronta a UDC nestes momentos, o recente Premio Nacional de Estatística destacou que “unha parte importante do seu persoal en poucos anos vaise xubilar”. “Temos que facer unha análise detallado e programar a substitución xeracional”, incidiu.

En canto ao financiamento, dixo que é unha das “patas indispensables para poder pór en marcha moitas das cousas da propia LOSU”, a nova Lei Orgánica do Sistema Universitario que establece un incremento do financiamento de ata un 1% en 2030.

“O plan de financiamento actual das universidades galegas ten un problema importante”, denunciou e recalcou a necesidade de ser “insistentes” nas demandas ás administracións públicas, “en concreto á Xunta de Galicia”, de aumento económico.

EQUIPO DE GOBERNO

No acto, o catedrático de Matemáticas estivo acompañado das persoas que conformarán a súa proposta de goberno se gaña as eleccións a reitor da UDC que se celebrarán o 4 de decembro. O seu mandato comezaría en xaneiro de 2024 e duraría seis anos.

Trátase dun equipo de sete profesoras e tres profesores de diferentes ámbitos científicos, do cal Cao resaltou o seu “equilibrio entre experiencia e mocidade”, así como as súas recoñecidas traxectorias académicas, investigadoras e de xestión.

Entre elas, atópanse os docentes Moisés Canle, Anxo Castro e Ana Ares. Cao tamén engadiu que por primeira vez, a igualdade e a diversidade, contarían cunha vicerrectoría en entidade propia.

ÚLTIMAS

Inés Rey defende a súa xestión dos últimos oito anos: “Agora a Coruña é un motor económico”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declarou a súa “preocupación e sorpresa” pola imputación...

Máis de 3.600 persoas camiñan na Coruña en solidariedade coa Asociación Española Contra o Cancro

Máis de 3.600 persoas participaron este domingo, 24 de maio, na andaina solidaria 'A...

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico...

Descolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

Non lles permitíu o Concello facelo no interior do Pazo. Pero a Comisión pola...