InicioSOCIEDADEConvocan o sábado unha marcha para reclamar a devolución da Casa Cornide

Convocan o sábado unha marcha para reclamar a devolución da Casa Cornide

Publicada o

Por europapress

A entidade Defensa do Común convocou para o 11 de novembro na Coruña unha nova marcha para reclamar a devolución da Casa Cornide, segundo informaron os seus responsables. Será o sábado 11 de novembro, ás 12.00 horas, e partirá desde a praza de María Pita co obxectivo de acabar con “este espolio”, dixo o presidente de Defensa do Común, Manuel Monge, en relación ao feito de que o inmoble siga en mans da familia Franco.

Por outra banda, explicou que levarán ao pleno municipal do día 9 o contido do seu manifesto para reclamar a devolución da Casa Cornide, ademais de instar á Xunta a que se obrigue á familia a Franco a abrila catro días ao mes, durante polo menos catro horas. Monge recalcou que así está “por lei” desde que se levou a cabo a declaración do inmoble como Ben de Interese Cultural (BIC). Desde que convocaron a primeira marcha (a do día 11 será a cuarta) indicou que conseguiron “bastante”, entre iso que se fixese a citada declaración.

“Pero hai que seguir, non está a cousa feita, os Franco seguen coa porta pechada“, recalcou sobre a apertura ao público “como di a lei”, pero tamén de face á recuperación do inmoble. Para mobilizar aos mozos e que participen na marcha, promoverán unha campaña informativa en centros educativos. Por outra banda, Monge aproveitou tamén para pedir que se retiren as placas, retratos e distincións concedidas a quenes “participaron nestes espolios”, dixo en referencia a Alfonso Molina, Pedro Barrié de la Maza e Sergio Peñamaría de Llano.

Arquivo - Casa Cornide. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA) - Arquivo
Arquivo – Casa Cornide. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA) – Arquivo

 

CRITICAS DO BNG

Aproveita o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, para tirar de ironía e levar máis unha vez o asunto ao Pleno do Concello que terá lugar o vindeiro xoves 9 de novembro. Farao en forma de pregunta oral e co seguinte texto: “Cando o Goberno Municipal anunciou a presentación antes de fin de ano dunha demanda para
recuperar a Casa Cornide, a que ano en concreto se refería?”.
A ironía nace de que “existen abondosos precedentes de anuncios incumpridos por parte do Goberno Local sobre a interposición da demanda que recupere para o patrimonio do Concello aquilo que foi usurpado por Franco durante a ditadura”.

Xa en setembro de 2019 o asunto foi tratado en pleno. “En novembro de 2021 o Goberno Local anunciou que presentaría a demanda en decembro. Un ano despois, volveuno reiterar. Mais ese decembro pasou a ser decembro de 2022. E pasou decembro de 2022 e a demanda tampouco foi presentada”, refire o portavoz nacionalista.

ÚLTIMAS

Accidente múltiple preto da peaxe da autopista da Coruña por mor dun xabarín

O atropelo dun xabarín provocou na mañán deste martes un accidente múltiple, con seis...

Acepta seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra que lle cedeu a galería José Lorenzo

Un home aceptou unha pena de seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra...

“Meirás será un dos lugares de referencia para o recordo e homenaxe a todas as vítimas da ditadura”

O Concello de Sada mostrou a súa satisfacción polo feito de que o Pazo de...

A Xunta declara como área de rehabilitación integrla a zona de Meicende-O Petón

A Xuntas aprobou a declaración como área de rehabilitación integral (ARI) da zona de...