InicioCULTURAA Rede Fala xa permite crear 600 webs .gal en galego e...

A Rede Fala xa permite crear 600 webs .gal en galego e de balde

Publicada o

Por Redacción

Fala (fala.gal), a plataforma gratuíta para crear webs e blogs en galego, segue medrando e espallando a creación de contidos en galego na rede. Creada en 2020, ofrece aloxamento gratuíto, ferramentas de edición en galego e liberdade para exportar os contidos.

Unha ferramenta que recolle aquela marea xerada por blogaliza, que a día de hoxe se diferencia dos blogspot, wix… e outras semellantes, por varias cousas: está en galego; permite publicar unha web baixo un dominio .gal (nomeadamente dun subdominio.fala.gal) e ofrece liberdade para poder migrar con liberdade xa que está creado con software libre.

A plataforma creada por Anxo Sánchez rexistrou 162 novas altas entre agosto e outubro de 2026, fronte ás sete do mesmo período do ano anterior. Esta cifra supón multiplicar por 23 o número de novas incorporacións e supera, ademais, todas as rexistradas durante os dous anos anteriores xuntos. Son xa 680 webs e blogs creados en galego nesta plataforma con 639 persoas usuarias

Este crecemento coincide co lanzamento de Fala 1.0, unha renovación completa da plataforma presentada o pasado 18 de setembro, que busca eliminar as barreiras técnicas para publicar contidos en galego na Internet.

«O galego precisa ter presenza na Internet aberta, non depender exclusivamente do que publicamos nas redes sociais. Queremos que calquera persoa, asociación ou pequeno proxecto poida ter un espazo propio no que compartir o que fai, o que sabe ou o que lle interesa, sen que a tecnoloxía nin o custo sexan un impedimento», explica Anxo Sánchez.

Crear unha web en galego sen saber de tecnoloxía e de balde

A nova versión de Fala nace cun obxectivo: que calquera persoa poida ter o seu propio espazo na Internet, en galego, sen necesidade de coñecementos técnicos nin de contratar un aloxamento web.

Para conseguilo, a plataforma substituíu o tradicional escritorio de WordPress por unha interface propia, integramente en galego, que simplifica a publicación de contidos e a personalización das páxinas.

Ademais, Fala é completamente gratuíta, non inclúe publicidade e permite exportar os contidos en calquera momento, para que cada persoa manteña o control sobre o que publica.
A infraestrutura necesaria para o funcionamento da rede conta co patrocinio da empresa galega Dinahosting.

Calquera persoa interesada pode crear a súa web de balde a través de fala.gal/crear. O proceso permite escoller un enderezo, rexistrarse e seleccionar un deseño para comezar a publicar.

Outras novas

Que problemas ten o galego para ser útil en Internet?

A AMEGA levou a importancia dos medios de proximidade ao Día da Premsa Local de Cataluña

ÚLTIMAS

O Festigual inaugurou unha mostra que repasa os seus 10 anos e recolle 5 proxectos creativos de artistas e entidades

Despois da emotiva inauguración no Teatro Rosalía, a 10ª edición do Festigual segue creando...

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña denuncia “continuos atrasos” nas obras de ampliación do Chuac

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña e Cee denunciou "continuos atrasos"...

Dores Tembras guía un novo roteiro da AELG entre os semáforos da Coruña

Novo Roteiro literario da man da Asociación de Escritores en Lingua Galega na cidade....

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here