InicioSUCESOSInvestigados responsables de 27 despezamentos da Coruña por xestión irregular de gases...

Investigados responsables de 27 despezamentos da Coruña por xestión irregular de gases do aire acondicionado de coches

Publicada o

Por europapress

A Garda Civil investiga a 27 responsables doutros tantos centros de tratamento de coches da provincia da Coruña como supostos autores dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente pola xestión irregular dos gases fluorados procedentes do aire acondicionado dos vehículos.

Segundo informaron fontes da Comandancia, efectivos do Seprona realizaron desde o pasado mes de marzo inspección en 28 centros, nun operativo bautizado como Operación Weezing dos que 27 presentaban irregularidades.

Este tipo de gases deben ser recuperados e acumulados nunhas bombonas específicas para a súa almacenaxe, dando conta da súa xestión a través dunha memoria ambiental á autoridade competente en materia de residuos en Galicia. Así, debe quedar rexistrada tanto a cantidade recuperada como o destino que se dá aos gases, que están clasificados como residuos perigosos.

A Garda Civil solicitou información da Subdirección Xeral de Residuos da Consellería de Medio Ambiente, que é onde os despezamentos deben presentar as súas declaracións anuais de residuos perigosos recuperados dos vehículos ao final da súa vida útil. Así mesmo, tamén se solicitou información da Xefatura Provincial de Tráfico, onde se debe comunicar a cantidade de vehículos descontaminados nas súas instalacións.

Con eses datos, os expertos da Garda Civil elaboraron os correspondentes informes periciais e concluíron que eses 27 despezamentos incorreran na xestión irregular dese tipo de gases, e que poderían emitir deliberadamente á atmosfera 26,2 toneladas de CO2 (a liberación deses gases fluorados está prohibido na UE polo seu alto potencial de quecemento global).

ÚLTIMAS

As últimas estimacións de voto na Coruña de cara ás Eleccións Xerais do 29N: A loita polo 8º deputado

Hoxe, 19 de novembro é o último día para solicitar o Voto por Correo,...

Manuel Ferreiro guía un novo roteiro da AELG pola Coruña de Pondal

Mentres en Carballo estará Rosalía Fdez. Rial facendo un roteiro, na cidade da Coruña,...

Homenaxe filatélica a Marcial del Adalid

A Casa da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga, estreou onte a nova...

Adxudicadas as obras de remodelación da rúa Vicente Aleixandre

En breve comezarán a obras na rúa Vicente Aleixandre, no barrio do Castrillón. O...