InicioCULTURAA Asociación Senunpeso recolleu o XII Premio José Sellier

A Asociación Senunpeso recolleu o XII Premio José Sellier

Publicada o

Por editor

Emotiva noita a de onte no Arty! Market na Couña, coa entrega XII Premio José Sellier.  A Academia Galega do Audiovisual escolleu á Asociación Senunpeso para este premigalardón que premia o labor de iniciativas salientables dentro do sector audiovisual. Un premio que debe o seu nome ao pioneiro do cinema José Sellier Loup, quen, en maio de 1897 filmou, na Coruña, as primeiras películas rodadas en España con cámara Lumière.

Carla Pérez, presidenta da Asociación Senunpeso, foi a persoa encargada de recoller o trofeo.

Senunpeso Producións é unha asociación cultural nacida no concello de Vedra en agosto de 2009. Ao longo dos anos desenvolveu numerosas actividades artelladas en torno á formación e exhibición de audiovisual galego, con iniciativas de referencia.

O 20 de setembro deste ano, un comunicado na redes sociais da asociación anunciaba o cese da súa actividade, poñendo fin a unha traxectoria comprometida con contribuír “a unha sociedade máis crítica e autoconsciente”, empregando como recurso principal o audiovisual e traballando con tres referentes: o audiovisual, o rural e Galicia.

A Academia Galega do Audiovisual recoñece co XII Premio José Sellier a unha asociación “que traballou de xeito incansable a prol da formación e da exhibición audiovisual, empregando o audiovisual como ferramenta para o encontro, a creatividade e a aprendizaxe, desde un pequeno concello da provincia da Coruña. Unha iniciativa que reivindicou con orgullo o seu cerne rural e o seu vínculo co territorio, a través de propostas de referencia para profesionais de toda Galicia como foron o Laboratorio Audiovisual de Vedra, o LAV.mov ou a convocatoria A fume de carozo. No ano da súa disolución, este premio quere ser un agradecemento a todas as persoas que a fixeron posible e un recoñecemento ao pouso que deixa en veciñas e veciños de Vedra, profesionais do sector e persoas de toda Galicia que amamos o noso audiovisual.”

 

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

Maxia e humor

Teño un problemiña cos magos e os humoristas. Dende a máis tenra infancia. Póñome...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here