InicioCULTURAUnha mostra na Coruña lembra á unha María Casares "moza" que se...

Unha mostra na Coruña lembra á unha María Casares “moza” que se relacinaba con Camus

Publicada o

Por europapress

O expresidente do Parlamento Europeo e presidente da Fundación Yehudi Menuhin España, Enrique Barón, inaugurou na Coruña a exposición de Sofía Gandarias ‘O Espectador’, que a pintora dedicou a María Casares e Albert Camus.

A colección, instalada no Centro Ágora, consta de tres cadros. ‘O Espectador II’ e ‘María Casares’, doados en 2011, e a obra ‘En bicicleta’, cedida en 2022. Á cita celebrada este mércores, asistiu a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín.

Estes cadros están onde deben estar, como dicía Sofía Gandarias, na cidade de Maria Casares, na Coruña”. Con estas palabras comezou o expresidente e viúvo da artista, o seu discurso inaugural. “Sofía era vasca pero tiña unha certa paixón por mulleres galegas”, engadiu.

Barón explicou que no tríptico exposto “está o recordo dunha María Casares moza e da súa historia compartida con Albert Camus“, unha obra de arte que forma parte de “unha homenaxe que rende o Concello da Coruña a dous dos seus máis ilustres fillos, a María Casares e ao seu pai”, Santiago Casares Quiroga, presidente da República en 1936.

A alcadesa, na súa intervención, recalcou que “sen cultura non hai avances e sen memoria non hai igualdade e construír unha cidade mellor é facelo tamén desde cimentos morais e culturais”.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña adxudica o contrato para o Programa de Lecer Cultural do IMCE

O Concello da Coruña adxudicou o contrato para o Programa de Lecer Cultural do...

O Salón do Cómic inaugura unha mostra sobre a Guerra Civil con adaptación de obras de Paul Preston

O Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico acolle desde este venres unha mostra...

Nova xornada de folga no persoal do comercio de alimentación en demanda de melloras laborais

Persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña secundou este luns unha nova...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...