InicioCULTURA#AquíTaménSeFala: Nova campaña de dinamización da lingua dende o IES Rafael Dieste e...

#AquíTaménSeFala: Nova campaña de dinamización da lingua dende o IES Rafael Dieste e a Universidade Laboral

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hai esperanza. Así o comprobamos a pesar dos crús datos do uso do galego entre a mocidade, vendo que algúns centros de ensino, empurrados por mestres comprometidos como Arcadio González Novoa ou Alberto Pombo, lanzan campañas de normalización lingüística.

Así o vivimos co éxito atinxido pola mocidade do IES Rafael Dieste coa campaña “Aquí tamén se fala galego” que fixo soar a música galega contemporánea por todos os centros de ensino da cidade, e que encheu os escaparates de máis de 500 negocios da Coruña. E así o estamos desexando vivir coa nova e ambiciosa ampliación do proxecto que ten por vontade a de se converter na maior campaña de dinamización lingüística realizada activamente pola mocidade galega.

Desenvolverana máis de 600 mozos e mozas coordinados por unha ducia de profesores, no marco dun proxecto de cooperación do IES Rafael Dieste da Coruña con media ducia de centros espallados en máis de 200 quilómetros de faixa atlántica: CIFP Universidade Laboral (Culleredo), IES Luís Seoane (Pontevedra), IES da Illa de Arousa, IES Coruxo (Vigo) e IES de Mos.

A campaña xa ten portal web www.aquitamensefala.com ademais de redes sociais específicas en YoutubeInstagram e Tiktok.

Aquí tamén se canta

A coordinación do proxecto lóubanse da nova experiencia normalizadora: “Aquí tamén se Canta”, proxecto audiovisual que consistirá na gravación de concertos acústicos de diversos músicos e músicas galegas realizadas polo propio alumnado que integra o EDLG do IES Rafael Dieste.

A primeira mostra, que pode ser escoitada desde xa mesmo, foi a gravación ao vivo en dúas pistas dunha versión acústica do tema “A da misántropa riquiña” de Lucía Aldao, realizada en novembro de 2023 no auditorio do instituto coruñés:

E non é todo. Porque en moi pouco tempo sairán aínda novas colaboracións con institucións e empresas que irán anunciando nas redes, a carón dunha sección de entrevistas e outra con breves vídeos realizados por referentes culturais e deportivos animando a usar a lingua galega.

Máis novas

#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego

ÚLTIMAS

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de...

Amplíase o servizo de atención aos cidadáns 010 a todos os días da semana

O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato...

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Mantivo esta mañá o colectivo de docentes dos cursos Culturais do Programa de Lecer...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here