InicioA CORUÑA#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego

#Aquitaménsefala: A BSO do IES Rafael Dieste faise en galego

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

#Aquitaménsefala é o lema da campaña que Alberto Pombo está a desenvolver no IES Rafael Dieste. O mestre de literatura galega segue a facer iniciativas novidosas para afianzar a nosa lingua entre a mocidade, e a música pasa por ser un vehículo imprescindible.

Máis cando estamos nun momento histórico de creación na nosa lingua, con toda clase de ritmos feitos dende o país e para o país, e con artistas consagrados como Sondarúa, C Mirazo, Fillas de Casandra, Boyanka Kostova, Zavala, Os amigos dos músicos, Hydn, Dj Rokiño, Secho y los invisibles, The Rapants ou Quartzo.

Estes, e un longo etcétera de creadores e creadoras, forman parte da creación da Banda Sonora do Curso, cunha playlist con máis de 100 temas de 100 grupos diferentes.

Unha lista creada de xeito cooperativo, onde cada un dos alumnos que participa no proxecto escolle unha banda e manifesta as razóns da súa recomendación ou explica que sinte cada vez que os escoita. Aínda, cada póster inclúe un código QR que liga para o traballo audiovisual preferido en cada banda.

Ademais, este traballo contará coa colaboración e a promoción externa da plataforma Galeguiza_t (páxina referencial na difusión da música en galego e premio Mil Primaveras ao mellor proxecto de promoción da lingua entre a mocidade) que divulgará o traballo do alumnado desde a súa páxina na rede social instagram.

Exemplos das fichas creadas pol alumnado

”A música galega xa ten predicamento entre a mocidade coruñesa que estuda no Dieste”, explica Pombo. “Mocidade que, con esta nova iniciativa normalizadora, pretende sumar máis unha forza para espallar cultura e lingua, agora en forma de canción, por fóra dos muros do instituto”.

Outras iniciativas semellantes

Non é a única experiencia deste tipo, e podemos espallar tamén as listas que Carmen Pereira, mestra do CEIP Torre de Hércules ten realizado tanto para o alumnado de primaria como de Infantil, baixo o nome “Pobo de Artistas”, o proxecto anual do centro de Monte Alto.

ÚLTIMAS

Detido o responsable de Protección Civil de Culleredo (A Coruña) por suposto malos tratos no ámbito familiar

O responsable da Agrupación de Protección Civil de Culleredo foi detido hai uns días...

Furtivo detido na Coruña por atentado á autoridade durante operación policial

Un furtivo foi detido por un presunto delito de atentado contra axente da autoridade...

Obradoiros, filmes e fanzines de música, medio ambiente e discapacidade centran o Viñetas Inclusivas deste ano

Obradoiros de música, fanzines de medio ambiente e dereitos humanos e filmes sobre discapacidade...

The Homens regresa aos escenarios e actuará na Sala Mardi Gras

Unha das bandas máis míticas da escena galaica de primeiros de século volve ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here