O Cinema Rabudo, a Mostra de Audiovisual Inconformista, volve unha ano máis ao Fórum Metropolitano de A Coruña os días 14, 15 e 16 de decembro ás 20h, esta vez apostando pola mirada das mulleres realizadoras que dirixen as 7 pezas da mostra e que escolleron a outras mulleres como protagonistas das súas historias.
A Mostra chega da man da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso), que conta co apoio financiero da Área de Cultura da Deputación de A Coruña, para amosar o traballo destas mulleres e para xerar debate ao redor dun tema moi de actualidade: a penalización da protesta social. A penalización do activismo, das loitas ecoloxistas, da liberdade de expresión ou do aborto. Temas que non terían que entrecruzarse, pero que demostran como o sistema ten tendencia a restrinxir dereitos sempre que ten ocasión e son as persoas que alzan a voz as que reciben os maiores ataques.
Pásalles ás activistas latinomericanas que loitan contra o espolio dos recursos naturais no documental La ilusión de la Abundancia, dirixido por Erika Gonzalez. Máxima, Bertha e Carolina comparten un obxectivo común: lideran a loita ambiental actual contra os conquistadores corporativos modernos.
Despois de cada proxección haberá coloquio coas realizadoras ou produtoras das pezas. A entrada é de balde ata completar aforo.
Programa
– Xoves 14 de Decembro 20:00h La Ilusión de la Abundancia, 61′, Bélgica, Erika González Ramírez, Matthieu Lietaert. Coloquio posterior con Carmen Soler, delegada de EntreCulturas en A Coruña.
Pásalles a artistas como Pablo Hasel, Valtònyc y Elgio, que foron condenados por un sistema xudicial politizado e que foron vítimas dunha táctica mediática que os presenta como delincuentes e “inimigos da democracia”. No Callarem, dirixida por Clàudia Arribas, aborda os seus casos desde unha perspectiva persoal e artística, amosando as experiencias que os levaron a ser represaliados e as consecuencias nas súas vidas. Varios músicos e cantantes, que tamén son personaxes importantes do documental, recrean algunhas das letras condenadas e crean novas versións de varios estilos musicais: Ana Tijoux, Yolanda Sey, Albert Pla e Za, entre outros.
– Venres 15 de Decembro 20:00h. No Callarem, 90′, Claudia Arribas, Violeta Octavio y Carlos Juan. Coloquio posterior con Fran García, productor del documental
E repítese a historia nunha ficción, que recolle as dificultades das mulleres para poder decidir con liberdade sobre o seu corpo, non hai tanto tempo, aquí en Galicia. Dirixida por Jaione Camborda, O Corno, é unha mirada á maternidade contextualizada no rural galego de principios dos 70. Nunha época tardofranquista na que o aborto en España non era legal, o que situaba ás mulleres na clandestinidade cando tiña que tomar unha decisión. Para sobrevivir a esta clandestinidade a historia recolle unha cadea de sororidade entre mulleres que serven de refuxio á protagonista da película.
– Sábado 16 de Decembro. 20:00h O Corno, 103′, Jaione Camborda. Coloquio posterior coa, directora do documental
Ese mesmo sábado 16 ás 17h30 haberá unha sesión de tarde, na que proxectarán tres curtas documentais realizadas por tres novas creadoras:
Na pel da Memoria, 14′, Laura Piñeiro e Coral Piñeiro. Unha carta a Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano da vila onde nace a nosa remitente. Mariví con 14 años vese obrigada a exiliarse por culpa do golpe de estado. Teñen súas vidas algo que ver? Son visibles as pegadas das persoas e das historias que nos precederon nos lugares onde medramos? Este relato reflexiona sobre a importancia da memoria histórica a través das vivencias da súa protagonista.
Mothertruckers, 15′, Paula Romero. Mentres a crise do transporte crece no Reino Unido, Lisa, camionera e escritora, soña con escapar da realidade. A cabina do seu camión e a constante viaxe por estrada daranlle acceso a unha imaxinación fóra deste mundo.
Kalabukú (la semilla del cambio), 17′, Andrea Bouzo. En Oukout, catro mulleres reúnense cada domingo co seu grupo para autoxestionar un sistema de microcréditos, xunto coa colleita do arroz. Este alimento é símbolo de unidade e prosperidade nesta zona da Baja Casamance, Senegal, pois o individualismo non ten cabida na súa sociedade. Para sobrevivir, necesítanse as unhas ás outras, e xuntas procuran un equilibrio entre a vida tradicional e a independencia económica. Kalabukú [‘as mulleres’ en diola] sementan a semente dun cambio que xa se está xestando.