InicioMOV. SOCIAISA Rede Acampa, Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

A Rede Acampa, Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Asociación Alexandre Bóveda e a Deputación de A Coruña vén de nomear á Rede Acampa Acampa pola Paz e o dereito ao refuxio como Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade concedido. Á iniciativa do Clube de Opinión Foro Cívico, as entidades queren recoñecer a labor na defensa dos Dereitos Humanos deste movemento cidadán que cada ano dende hai 8 fai un exercicio de reflexión cívica tan necesiario na nosa sociedade.

Este recoñecemento “prodúcenos grande satisfacción e sentimentos de gratitude e humildade a partes iguais” aseguran desde o Movemento Acampa pola Paz. “Para nós, este premio é importante porque o recibimos no nome das 77 organizacións locais, galegas e internacionais, e tamén en representación dos centos de persoas simpatizantes  e asociadas á nosa rede. Porque o recibimos no nome dos equipos de Acampa en Galicia, en Brasil e en Portugal”.  

A Rede valora ademais as entidades promotoras do premio, “dúas entidades con moitos anos de coherente compromiso cultural e sociopolítico. E da Deputación de A Coruña, que entende cada día mellor o seu mandato institucional e democrático de situarse ao lado do tecido sociocultural da provincia”.

O galardón lembra a figura de Marcelino Liste, un home comprometido coa defensa dos Dereitos Humanos e que entendeu sempre a esencialidade do tecido asociativo da cidade e o poder do asociacionismo. “Marcelino sabía -como sabemos en Acampa- que a unidade é a única forza capaz de achegar cambios e defender dereitos. Persoas como o cura Liste son os referentes que necesitamos, fronte aos protagonistas da barbarie que nos queren impoñer con algoritmos, ocultando a verdadeira información e manipulando á opinión pública masivamente. Un dato ben revelador sobre a importancia de silenciar a información é o que aportou recentemente Reporteiros Sen Fronteiras: no primeiro mes de ofensiva israelí sobre Palestina 41 xornalistas foron asasinados polo exercito israelí”, aproveitan para lembrar dende Acampa.

Colaboración

A realidade é complexa, e despois de 8 anos de intenso traballo, a familia de Acampa fai un chamamento a todas aquelas persoas que queiran compartir con inquietude e algo de tempo para que presenten a súa candidatura para  traballar na dirección da Rede Acampa.

Ogallá non houbese causa, mais Rede Acampa ten mil e unha razóns para existir. “Asistimos, un día tras outro, ao espanto de xenocidios  como o que esta levando a cabo neste momento o estado sionista contra o pobo palestino, e tantos outros menos mediáticos que suceden coa complicidade internacional dos gobernos, que non dos pobos. Vemos, día a día, o avance da extrema dereita  no mundo, que ameaza claramente os dereitos de toda a cidadanía, resultando ben difícil permanecer sentados mirando o espectáculo”.

Máis novas

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

ÚLTIMAS

A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación

Aló polos comezos de século, houbo un grupo de ciclousuarios na Coruña que soñaban...

CoruñArt convirte ese sábado o Mercado de San Agustín nun foro de debate sobre a saúde cultural da cidade

Xa non queda nada para este sábado 8 de novembro, cando o Mercado de...

O pub Neón reconvertido nun turreiro. O proxecto Pesquedellas repensa a foliada como retrato da mocidade galega

Reformular a foliada é algo que vén facendo a música galega contemporánea moi ben...

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña para este martes

A Xunta activou para este martes a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here