InicioBARRIOSDenuncian o “estancamento” das obras de humanización do Paseo Marítimo entre o...

Denuncian o “estancamento” das obras de humanización do Paseo Marítimo entre o Dique e San Amaro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O prazo de execución das obras de humanización do Paseo Marítimo entre o Dique e San Amaro, asinado en outubro de 2022, era de 10 meses. Xa van 14 e malia que a obra está bastante avanzada, o tráfico segue pechado dende a rotonda de Durmideiras (aberto só para residente) e non ten visos de entrega.

Ante esta situación, o BNG vai preguntar no vindeiro pleno polas obras. “No grupo municipal do BNG estamos escandalizadas co que sucede coas obras de humanización e naturalización do Paseo Marítimo á altura dos Pelamios”, afirma a concelleira nacionalista Avia Veira, onde se preve a creación dunha zona de ocio. “O que se ve a simple vista, como o víamos no verán cando xa denunciamos esta situación no Concello, é que as obras están estancadas e que a empresa adxudicataria non puxo todos os medios para rematar os traballos nos prazos establecidos na licitación”, afirma a concelleira.

Así, a moción do BNG esixirá ao Goberno Local que “explique que está a pasar coas obras e segundo o insta a que fiscalice e, no seu caso sancione, a empresa adxudicataria, se se demostrar que non puxo os medios suficientes para cumprir coas súas obrigas contractuais”. “Non pode ser que unha empresa sexa adxudicataria dunha obra do Concello, non cumpra co contrato e aínda por riba se libre da fiscalización e sanción oportuna por parte do Goberno Local, cando se está a producir un dano a un barrio tan populoso como o de Monte Alto”, conclúe Veira.

Novas relacionadas

Tempo de obras: o paseo, a rúa Torreiro, o parque de Bombeiros, tres skatepark…

ÚLTIMAS

Cazan na Coruña a un ciberdelincuente “altamente activo” que estafou máis de 440.000 euros a empresas

A Garda Civil e a Ertzaintza, no marco da operación conxunta Zigula-Nigal, procederon á...

A Xunta avala a planta de residuos en Arteixo no informe de impacto ambiental

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou este venres no Diario Oficial...

A Agra do Orzán rexeita o acordo entre o PSOE e BNG para a urbanización do Parque da Agra

Sorprendida ficou esta mañá a veciñanza da Agra do Orzán cando descubriu pola prensa...

Un coche envorcado en Ponte Pasaxe provoca retencións na entrada á cidade

Un coche envorcado en Ponte Pasaxe provocou retencións na entrada á cidade herculina desde...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here