InicioA CORUÑAA folga da recollida de lixo pon en xaque o Nadal herculino

A folga da recollida de lixo pon en xaque o Nadal herculino

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A folga do servizo de recollida do lixo, que arrincará a partir da media noite do 24, mantén a cidade en vilo. Xa vemos numerosos colectores sen recoller tras unha semana na que ademais de varias declaracións cruzadas, houbo actos de sabotaxe estranos como a aparición de rodas de camións picadas…

Mentres os xulgados investigan as posibles comisións que levaba o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) nas contratacións durante anos no servizo de recollida de lixo da Coruña, o propio sindicato volve convocar esta folga e mesmo chegou a ameazabar con non cumplir os servizos mínimos por “abusivos” ao que á alcaldesa respostaba con contundencia.

Hoxe sae no apoio do grupo de goberno o BNG, que considera a folga como “un instrumento para chantaxear ao Concello e ao conxunto de coruñesas e coruñesas”, co único fin de “defender intereses espurios dun sindicato que non é tal”. Así de contundente se amosou Francisco Jorquera esta mañá. “O BNG é o primeiro en esixir que as concesionarias municipais se ateñan aos pregos dos contratos e cumpran coas condicións establecidas nelas para garantir unha correcta prestación dos servizos. É tamén o primeiro en defender o dereito á folga das e dos traballadores”, remarcou Jorquera. “Mais o que temos aquí non é unha mobilización movida pola defensa dos dereitos do cadro de persoal, senón ante unha convocatoria “cuxa razón de fondo é a defensa do statu quo dun grupo que se autodenomina sindicato, pero que non é tal, pois as súas prácticas son de moi dubidosa legalidade e, desde logo, absolutamente reprobábeis do punto de vista ético”.

Pola súa banda, o PP esixía a Inés Rey que “actúe” para que “a imaxe da cidade dende Noiteboa non sex catastrófica”. Lorenzo lembra que “a xestión deste contrato é un desastre: é anulado polo TSXG; o o adxudicatario solicitou a súa terminación; o xulgado instrutor investiga posibles delitos que revelan falta de control municipal sobre a execución”.

Máis novas

A alcaldesa da Coruña lembra ao persoal de recollida de lixo que se deben cumprir os servizos mínimos

Convocada folga intermitente do persoal de recollida de lixos na Coruña

 

ÚLTIMAS

A CRMH pide cumprir os prazos legais no Pazo de Meirás

A CRMH da Coruña acaba de presentar escritos diante da Dirección Xeral de Promoción...

Comezan os preparativos para os concertos no peirao de Calvo Sotelo

O peirao de Calvo Sotelo permanece pechado ao acceso público con motivo do comezo...

A Xunta e o Concello acordan a protección definitiva da Torre de Hércules como espazo natural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde pola que se...

A transición enerxética no mar pasa polos combustibles verdes: a UDC avalía as opcións máis sostibles

Un estudo do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here