InicioA CORUÑAA Deputación da Coruña e AGA Ucraína exploran novas formas de colaboración

A Deputación da Coruña e AGA Ucraína exploran novas formas de colaboración

Publicada o

Por europapress

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e a deputada provincial de Política Social, Mar García Vidal, reuníronse este luns coa presidenta da asociación AGA – Ucraína, Masha Pavlenko, para abordar a situación actual do conflito ucraíno e as posibles formas de colaboración por parte da entidade provincial.

Formoso indicou que desde a Deputación manteñen o seu compromiso de colaboración coa asociación “para asistir e colaborando á hora de facilitar a vida dos refuxiados que chegan á Coruña”. A este respecto, lembrou que desde que empezou a guerra, Galicia acolleu a case 1.500 persoas.

Pola súa banda, a presidenta da asociación agradeceu o apoio da Deputación, sobre todo á hora de axudar aos refuxiados ucraínos asistidos na residencia do IES Rosalía de Mera da institución provincial, así como as axudas que lle proporcionaron á asociación para manter a actividade diaria e as ambulancias doadas pola Deputación para atender as necesidades sanitarias da poboación civil.

A asociación foi creada ao comezo da guerra para dar “resposta inmediata” ás necesidades da poboación desprazada na comunidade, onde colaboran na acollida de persoas refuxiadas.

Desde ese momento, mobilizouse para conseguir o envío de bens de primeira necesidade ás persoas en primeira liña deste conflito. Ademais, xestiona os proxectos humanitarios de axuda médica no seu país a través da colaboración coa asociación local Kolo, o que lles permite estar presentes nas diferentes zonas de guerra.

ENTREGA DE VEHÍXULOS A ENTIDADES SOCIAIS

Por outra banda, Formoso ha entragado tres furgonetas, dúas delas adaptadas para o transporte de persoas con diversidade funcional, destinadas a outras tantas entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia.

Así, a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), Ambar Barbanza e a ONG Sénvalos contan desde este luns con novos vehículos cedidos pola institución provincial para o transporte dos usuarios destas entidades sociais.

ÚLTIMAS

Inés Rey comeza a negociar os orzamentos do 2027 co BNG, que denuncia “incumprimento” nos deste ano

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, emprazou a negociar o orzamento de...

As familias das Escolas Infantís saen á rúa: “Non é unha simple licitación: estamos a falar de educación”

As familias das Escolas Infantís Municipais da Coruña concentraranse este sábado 26 de setembro...

“Por todas as Maricarmen” e “Fondos voitre fóra de aquí”

Centos de persoas acodían esta pasada tarde de xoves á subdelegación do goberno para...

FAVA denuncia os problemas do transporte metropolitano dependente da Xunta 

Son moitas as queixas sobre o transporte metropolitano, o transporte público que xestiona a...