InicioBARRIOSA veciñanza de Ángel Rebollo xunta sinaturas para a humanización da rúa

A veciñanza de Ángel Rebollo xunta sinaturas para a humanización da rúa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Andar pola rúa Ángel Rebollo sen escordar un nocello ou sen pisar unha caca de can é todo un desafío. E o dicimos con coñecemento de causa. As fochancas e as defecacións convirten cada mañá a rúa de Monte Alto, como tantas outras da cidade, nunha auténtica carreira de obstáculos. Familia con carritos de bebé correndo cara á escoliña, ou veciñ@s que van á peixería co carriño da compra parece que forman parte dunha auténtica carreira de carrilanas, tipo slalom.

Ante esta situación, estas semanas descúbrense grupiños de veciños e veciñas arredor dun papel maldicindo ás autoridades municipais e a deixadez que vive este barrio, por momentos tamén lastrado pola problemática do tráfico de drogas.

Unha veciña, Marga López Ramos, coa colaboración de varias persoas do barrio, están facendo unha colleita de sinaturas para esixir que o Concello tome cartas no asunto. “Rede de sumidoiros esfolada, as beirarúas todas rotas, a estrada dá pena… Toda a rúa é un desastre”, lamenta Marga. “Estou cansada de poñer reclamacións no Rexistro do Concello, vou ata alí e me din que o van facer, pero nunca fan nada”, lamenta.

”A luz tamén é precaria, hai veces que chegas pola noite e non acertas coa chave”, critica ao tempo que mesmo sinala que “a traída de auga tamén está mal, e ás veces sae turbia”.

Xa hai máis de 200 sinaturas recollidas, e mentres a veciñanza espera con ansia as xa licitadas obras das escaleiras mecánicas que unirán Adelaida Muro con Ángel Rebollo,  piden que se aproveite o momento para humanizar a rúa, lembrando, que a parte norte da mesma (a que tira contra a Torre), así como a propia Adelaida Muro (seguro que as casas máis caras da cidade foron importantes) xa viviu ese proceso de humanización xusto antes da pandemia.

Máis novas

Licitadas as obras accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona e da escalinata mecánica de Adelaida Muro

 

ÚLTIMAS

As traballadoras das grandes cadeas do téxtil volven protagonizar unha gran manifestación

Nova xornada de manifestación das traballadoras do gran comercio téxtil e de calzado. As...

Azúcar Moreno, Soraya e María Isabel encabezan as novas confirmacións do Atlantic Pride 2026

Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel e Jorge González súmanse ao cartel do Atlantic Pride...

Aberta a conexión entre as avenidas de Arteixo e a Sardiñeira para facilitar a mobilidade da Intermodal

Pensando xa apertura da Estación Intermodal, formulada para o final deste ano, o Concello...

Boas novas para os frescos de Lugrís

A semana que vén teremos boas novas sobre a restauración e conservación das 12...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here