InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAparece un lobo mariño na Coruña, unha femia grande que precisa "tranquilidade"

Aparece un lobo mariño na Coruña, unha femia grande que precisa “tranquilidade”

Publicada o

Por editor

Estes días no porto de Oza, na Coruña, hai un visitante moi especial que chama a atención de todos os que pasan ao seu lado (e de moitos curiosos que, sabedores da súa existencia, desprázanse a propósito a saudalo). Trátase dun lobo mariño cincento. En concreto, unha femia adulta duns 100 quilos de peso que podería proceder da costa irlandesa. Neste caso, e aínda que avistamento de focas en Galicia non é algo raro, si ten unha particularidade, xa que normalmente os exemplares que chegan adoitan ter menos de tres meses, que se alonxan das colonias para poder comer con tranquilidade. Hai quenes pensan que podería estar enfermo ou mesmo ferido, aínda que non se pode confirmar esta hipótese xa que, polo momento, non houbo organismos que comprobasen o seu estado de saúde.

Sexa como fose, o certo é que o simple achegamento de grupos grandes de persoas podería estresar ao animal, como advertiron dende a propia Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Nunha publicación nas súas redes, e ante as preguntas de moitas persoas, aseguraron que “todos os anos temos a sorte de que nos visiten focas”, pero “hai ocasións nas que están en malas condicións e temos que intervir”, mentres que hai outras “nas que quedan semanas ou meses percorrendo a nosa costa”. En concreto, a especie que adoita chegar ás nosas costas é o ‘halichoerus grypus‘, procedente das illas británicas, coñecido en galego como lobo mariño cincento (e en español como foca gris).

Para poder desfrutar de velos, lanzan tamén unha serie de recomendacións:

– Non molestalas achegándose. Observalas e desfrutar da experiencia dende a distancia, sobre todo cando están descansando en seco, pois cada vez que teñen que levantar ou xirar a cabeza para ver que fai a xente é descanso que perde e estrés que gaña.

– Se se vai pasar preto cun can, agarralo para que non lle ladre e se estrese máis.

– Avisar ao 112 ou directamente ao propio CEMMA do avistamento ao teléfono 686 98 90 08.

– Se se conta por redes sociais o avistamento, se é posible, concretar como máximo ata nivel de Concello. Ao dar o lugar ou a praia exacta, sobre todo se é un lugar que o animal elixiu para descansar, estáselle a facer unha faena, porque cada ano vese que o efecto chamada é maior, e aínda que a inmensa maioría da xente se comporta correctamente, sempre hai alguén que non o fai.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

Un trailer queda atrancado no medio das Xubias

Un camión de grandes dimensións provocou danos en varias casas tras quedar atrapado no...

Un hospitalizado e varios vehículos afectados tras un incendio nun garaxe en Pérez Cepeda

Un incendio nun garaxe situado na Praza Médico Anxo Ron Fraga, na cidade da...

O TSXG confirma a sanción de case 200.000 euros a Prezero pola crise do lixo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...