InicioCULLEREDOAs traballadoras de Jardincelas déixanse notar cunha manifestación no Paraugas

As traballadoras de Jardincelas déixanse notar cunha manifestación no Paraugas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este pasasado luns, as traballadoras de Jardincelas do servizo de limpe Concellos de Culleredo e Cambre realizaron unha manifestación na zona do Paraugas. Eran as 8:00h da mañá cando máis de 50 persoas, cargadas de pancartas, quixeron que a sociedade vexa que o seu conflito é unha problemática vital para elas.

Só en Culleredo son 25 traballadoras en edificios e locais e 12 na rúa, e centros de ensino ou centros públicos, así como os contedores da rúa, notan de xeito rotundo a folga que manteñen que conseguir cobrar os seus soldos, por mor dun xonflito laboral absolutamente enquistado.

”Pedimos perdón a todas as persoas as que afectou a osa manifestación, pero necesitamos que se visibilice a nosa loita” sinalaban as delegadas de UGT, despois de percorrer o camiño dende o Paraugas ata Servizos Múltiples, atravesando a ponte do Burgo.

Manifestacion das traballadoras de Jardincelas Burgo

HOXE PLENO EN CULLEREDO

Este martes hai pleno ás 20:00h, e formulada hai unha moción do PP para que se municipalice o servizo. Alí estarán as traballadoras, moi atentas, que seguen sen cobrar o mes de decembro, a extraordinaria, e xaneiro, por suposto.

Piden que saquen o máis rápido os plegos de contratación para solventar o conflito o antes posible.

Máis novas

O crónico confilito laboral dos traballadorxs de limpeza viairia dos Concellos de Cambre e Culleredo

 

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here