InicioDEPORTESCarencias que non son poucas

Carencias que non son poucas

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

A verdade é que levaba moito tempo agardando por un partido que definira ó Dépor desta tempada. Un partido que puxera en evidencia as nosas carencias e nos abra os ollos do noso nivel competitivo. Por fin chegou ese partido que resume o que somos e o que nos espera.

O Dépor é o que se viu onte: un equipo que fai moitas cousas ben e que non lle saca ningún rendemento. Un equipo que domina e crea ocasións coma non se vira en todo o ano, pero que non mete ningunha e cando por fin o fai, deixase remontar na casa con todo a favor. Non compremos ese discurso de que a Cultural chegou dúas veces e meteu dos goles, porque iso é xusto a mellor definición do verbo competir. E como isto vai de competir, ben para a Cultu e mal para o Depor.

O míster Cano dicía hai uns días que vía ao Dépor no alto da clasificación o acabar o ano, segundo o que vía nos adestramentos. Ben sabemos que isto non vai a ser así. Adestrar é unha cousa e competir e outra ben distinta, ademais, recortar 7 puntos ó Córdoba con 15 por xogar antes de fin de ano, resulta misión pouco acadable para este Dépor. Corre risco o míster de converter as roldas de prensa nunha sesión do clube da comedia, precisamente no momento histórico menos apto para risas do clube coruñés.

Din os que saben que as tempadas están feitas por terzos. Co de onte, acábase o primeiro terzo da tempada, ese que che di polo que vas loitar. O segundo terzo colócate nas posición do teu obxectivo e o último terzo confirma ou nega a túa realidade.
Xa sabemos que o Dépor non loitará polo liderato, terá que pelexar o play off. Aínda así, o seu obxectivo está intacto, que llo digan ó Albacete.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó Dépor dende 1988. O que sei de fútbol, o Dépor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...