InicioBARRIOSPiden unha conexión eléctrica para a Unidade Móbil da Doazón de Sangue...

Piden unha conexión eléctrica para a Unidade Móbil da Doazón de Sangue no centro da Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Unidade Móbil da Doazón de Sangue do CHUAC percorre o país para achegar á veciñanza de todo o país a posibilidade de doar sangue. Varias veces por semana fai paradas nos nosos barrios, nomeadamente con paradas no Obelisco, na Rúa Barcelona, na Zona de Riazor (diante do Compañía de María), nos Rosais (na Praza Manuel Azaña), en Monte Alto (na rúa da Torre), en Monelos (na praza Pablo Iglesias) ou mesmo nas zona universitaria do campus de Elviña ou no de Oza.

Normalmente, nas visitas ás vilas, o bus conta cunha conexión de electricidade para poder en marcha todas as máquinas (a través das lonxas, dos mercados, das propias casas consistoriais…), feito que non acontece na Coruña, onde o bus ten que prender o xenerador diesel. Un xenerador pensado formulado para ser un apoio de emerxencia en caso de corte de luz, pero que no caso das paradas da cidade se convirte en indispensable.

O funcionamento durante 14 horas ao día dun xenerador destas característica nos barrios da cidade provoca unha evidente incongruencia coa política da marca “Coruña Cidade Sostible”. A contaminación medioambiental e a contaminación acústica é tremenda, supoñendo un grave prexuizo parao medioambiente, pero tamén para os comercios de cada zona.

A dirección de ADOS e o Concello da Coruña son conscientes da problemática, despois do traslado desta queixa en numerosas ocasións por parte do persoal, pero polo de agora non hai movemento.

Para achegarte podes pedir información en 900 100 828 ou en @doadoresdesangue.

ÚLTIMAS

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación...

O Monte Costa, en Culleredo, sofre un incendio forestal

Non libra a comarca da vaga de lumes que sofre Galicia. Un incendio forestal...

Lembrando os 100 anos do busto de Pondal nos Xardíns

O Circo de Artesáns organizou este pasado sábado unha homenaxe polo 100 aniversario do...

A Copa Galicia volve xuntar na Coruña aos 4 grandes do baloncesto galego

A Copa Galicia de Baloncesto volverá celebrarse na Coruña os días 5 e 6...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here