InicioCULTURAO ImproDepor arrinca unha fin de semana completa na Sala Mardigras

O ImproDepor arrinca unha fin de semana completa na Sala Mardigras

Publicada o

Por editor

De xoves a sábado, non para a Sala Madigras esta fin de semana. A fornada de eventos arrinca, hoxe, xoves 7, co Impro Dépor, ese espectáculo de improvisación e humor arredor do Deportivo, chega de novo á Sala, Ademais dos habituais no 11 inicial Xavi Mariñas e Roi da Costa, hoxe contarán tamén coa improvisadora, Patricia Castrillòn e as recentes vitorias como fonte de bromas.
Entrada anticipada 6€ reservando en entradasmardigras@gmail.com. Na billeteira 8€

Risas improvisadas e branquiazuis para o Nadal do Centro Penitenciario de Teixeiro

A noite do venres será, a partir das 23:00, con Guiu Cortés regresa en versión acústica a Mardi Gras. Os seus seguidores están ansiosos por volver ver a este polifacético artista, que tamén publicou unha gran novela.
Entrada anticipada 15€ en Entradium. 18 de taquilla.

E para o sábado, ás 23:00h, toca concertazo da “Sandorf Musica Factory!” A banda de San Sadurniño presenta Altospeaker, o seu cuarto álbum, e primeiro editado por eles mesmosm gravado no MetroMastering da Coruña e editado en vinilo, CD e plataformas dixitais por Radix Records
Sábado 9 22:30 inauguración 23:00 concerto.
Entrada única 10€. Podes reservar en ticketsmardigras@gmail.com

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here