InicioBARRIOSA iniciativa interxeracional "Recórdame" visita o pleno municipal

A iniciativa interxeracional “Recórdame” visita o pleno municipal

Publicada o

Por editor

Este martes, o Salón de Plenos do Concello da Coruña recibía unha visita singular. A cativada do EIM Luís Seoane e as persoas maiores usuarias da residencia Torrente Ballester quixeron trasladar a máis que positiva experiencia que levan do proxecto “Recórdame” á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, á concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, e ao concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

Tod@s destacaron o valor social e educativo dun proxecto que une dúas pezas do noso sistema educativo e social que nunca deberon ser separadas: a cativada de 0-3 anos coas persoas mairoes dun centro residencial para a terceira idade. O seu obxectivo é crear vínculos e fomentar as relacións afectivas entre ambas as xeracións mediante encontros mensuais, nos que se abordan diferentes temáticas nas que traballan e afondan tanto os pequenos coma os maiores.

ÚLTIMAS

As familias do IES Zalaeta volven á rúa: “Estamos fartas de vivir sen información”

"A xente está farta de vivir sen información". Así valora a ANPA do IES...

A Falperra e Oza póñense de Festa

Continúan as Festas de Barrio da Coruña, apoiadas polo Concello. Nesta ocasión, os barrios...

“Cultura Veciñal”: a nova proposta da FAVA para conectar os barrios

Interesante a proposta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana para...

O Colón volve convertirse nunha sala de cine

Xa está en marcha primeira edición de Colón Cinema, unha nova proposta cultural que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here