InicioCULTURAConversa con RJ Junior, promotor do Go! Electronic Festival

Conversa con RJ Junior, promotor do Go! Electronic Festival

Publicada o

Por Maikel Pérez Castro

A finais de verán temos na comarca veciña festival de música tecno. O 13 e 14 de setembro no xardín botánico e no aquapark de Cerceda terá lugar o Go! Electronic Festival, o evento contará con un escenario diurno e outro nocturno, zona de camping e foodtracks.

Conversamos con Jorge, RJ Junior dj, mítico da zona do Parque Europa, promotor do festival para que nos poña un pouco ao tanto do evento e da escena tecno galega.

 

  • 1- Parece que Cerceda está destinada a festivais de música electrónica, os primeiros foron o Fresh Weekend e o Freelive Festival. Como nace Go! electronic Festival

Levaba uns anos en mente o proxecto pero apareceu a pandemia e todo parou. Despois da pandemia volvín traballar pero non foi doado atopar sitio, ata que por un contacto chegamos a Cerceda. E teño que agradecer que dende o primeiro momento nos abriron as portas e nos deron todas as facilidades do mundo. Despois de máis de 17 anos como promotor creo que é o momento. Teño a experiencia, os contactos, a capacidade económica e o máis importante as ganas de facer algo diferente na miña cidade.

  • 2 – Estella Boersma, Luke Slater, Ellen Allien, Helena Hauff… tremendo cartelazo, os cabezas de cartaz xa estarían todos anunciados ou  queda algunha sorpresa ? 

Aínda queda algunha sorpresita para o final. Antes de xuño deixaremos todo o line up completo.

  • 3 – Aínda que o venres 13 sexa hard tecno e o sábado 14 tecno, terán cabida outros artistas orientados a pinchar outros estilos de electrónica? 

Consideramos a posibilidade de engadir outros xéneros ao festival. Xa probamos con outros artistas pero non estaban dispoñibles. Todo dependerá diso, estamos traballando niso.

  • 4 – Supoño que recomendarás non perderse a ningún dos artistas confirmados ata o momento, pero habría algún que resaltarías especialmente? 

Luke Slater é unha lenda, seguro que nos deixará un peche de festival para o recordo.

  • 5 – Dende que a mediados dos anos 90 na Coruña se foi introducindo a electrónica da man de djs coma Ino e Grobas dende o House Café  e o Telefunken, foron xurdindo sempre iniciativas ligadas a electrónica na cidade. Entre outras, o 981 festival, Fanzine e mesmo se celebraron dúas edicións do Sonar. Semella que agora con  Go! events, Retrofuture, Wake Up Electronic Parties, a sala Pelícano e djs como Barbara Lago, está vivindo unha segunda xuventude a electrónica na Coruña.  

A verdade é que para a poboación coruñesa todas as opcións que hai, cada unha diferente, é un escenario envexable e o mellor de todo é que vén xente nova, pegando moi forte e con moitas ganas de facer as cousas ben.

  • 6 – Dj dende 1999 e promotor dende 2006. Como e onde foron os inicios de dj? 

Como DJ, o meu debut foi na sala Bambina con Jeff Mills aos 15 ou 16 anos, non lembro moi ben. A partir de aí pasei por practicamente todos os clubs de Galicia ata que comecei a organizar os meus propios eventos, o club Soda. O meu primeiro acto foi con Tim Paris e dende aí non parei ata hoxe e as miñas festas pasaron por locais como Green, Bambina, Tresor, Fox, Piramide ata chegar en 2009 ao local de Pantalán.

  • 7- O primeiro artista que contrataches ou evento que organizaches?

Tim Paris no club Soda.

  • 8 – O garito onde máis ilusión che fixo pinchar?

Fabrik Madrid nunha reverse, no festival Amnesia de Expo Coruña e Freelive de Cerceda.

  • 9 – O artista máis difícil de contratar ou o que máis tempo estiveches detrás del? 

Ben Sims.

  • 10 – Algún artista que non tiveras moitas expectativas sobre el e te sorprendera? e algún que te decepcionase? 

Se quero contratar a alguén é porque teño expectativas sobre el e nunca decepciono. Temos que entender que os djs non son máquinas e non é un traballo doado, todos temos días bos e malos pero o que chega añi e a xenteo quere ver, é porque vale.

OUTROS CUESTIONARIOS DE MAIKLE PÉREZ CASTRO

ÚLTIMAS

O BNG esixe a Rueda solucións para as familias “estafadas” en Xuxán e a Xunta di que é un problema do ICO

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou "anuncios fraudulentos e enganosos" da Xunta en...

Buscan a un home de 92 anos desaparecido en Oleiros

Servizos de emerxencias e veciños do municipio coruñés de Oleiros buscan desde este luns...

A Escola Infantil Luís Seoane homenaxea a Rosa e Adolfina cun mural

Estreo novo mural da Escola Infantil Municipal Luís Seoane, unha obra da ilustradora Tania...

FAIA presentará ‘Alvela’ este xoves, 22 de maio, no espazo Normal da Coruña

FAIA presentará ao vivo Alvela, o seu novo disco, este xoves, 22 de maio...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here