InicioECONOMÍAAnuncian unha acampada fronte a refinería de Repsol na Coruña para loitar...

Anuncian unha acampada fronte a refinería de Repsol na Coruña para loitar polos dereitos laborais

Publicada o

Por editor

“Meses de enganos por parte de REPSOL nas negociacións de melloras para o persoal de seguridade das súas instalacións levan á FTSP-USO e  UGT a plantarse de forma indefinida ás portas das súas instalacións“. Deste xeito anuncian estes dous sindicatos unha acampada de 24 horas fronte a refinería de Repsol na Coruña este xoves, 2 de maio.

A representación sindical dos Vixiantes de Seguridade leva meses tentando negociar con PROSEGUR e REPSOL unha serie de melloras salariais e operativas tras desconvocar as concentracións que se estaban levando a cabo o pasado mes de febreiro. Despois de varias reunións e chegados a un preacordo na parte económica, a Dirección de REPSOL na Coruña comunicou a súa negativa á implementación desas melloras alegando que o persoal “non é merecedor desas melloras e que o seu salario é máis que suficiente para o traballo que realizan”.

A actitude de REPSOL foi recibida polos sindicatos con “incredulidade e asombro” nun primeiro momento tendo un preacordo económico nas mans para levar aos traballadores, provocando unha activación da acción sindical pondo no punto de mira como principal culpable da situación  á Directora do centro petroquímico.

“É un desprezo cara ás persoas traballadoras desta magnitude e levado a cabo por persoal directivo dunha multinacional como REPSOL, debe ser mesmo motivo da súa dimisión ou destitución”, destaca Iván Blanco, Secretario de Organización Estatal da FTSP-USO. “Non desistiremos nas nosas reivindicacións cunha sólida unidade de acción cos compañeiros e compañeiras da UGT, aos que recoñecemos o seu nivel de compromiso no conflito”, engade.

ÚLTIMAS

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras, un dos grandes políticos galegos dos últimos tempos e unha...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

A Xunta estuda a “posibilidade de mellorar algunhas conexións” de bus coa Universidade da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, afirmou que a Xunta estuda "a posibilidade de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here