”Somnia” fala obsesión, de perder o norte cando a vida non é a que queremos ou a que esperamos. ”Somnia” é a curta que está a dirixir Cristóbal Añón como proxecto de fin de grao de Comunicación Audiovisual na Universidade de A Coruña, pero pretende convertirse no primeiro de moitos traballos audiovisuas.
Residente en Cambre, naceu en Suiza como moitas familias da terras de Soneira (a súa familia é de Carnés, Vimianzo), Añón uníu forzas con outras compañeiras para sacar adiante este proxecto: Xian García (Diseño de producción), Mar Diaz (Produción), Marta Rodriguez (Directora de Foto) complentan o elenco de creadores desta curta que se vai rodar, a partir do 6 de maio, entre Cambre, Cerceda e Oleiros.
Thriller en galego e da man das novas xeracións
”Eu sempre fun moi aficionado ao terror, sempre me gustou moito ese xénero. Xunto co misterio e o thriller. Por iso pensei en facer unha curta de thriller psicolóxico para concluir a miña etapa universitaria”, explica Añón, que lembra que “un estudo do Consello da Cultura Galega, indica que o thriller é un xénero pouco traballado na nosa lingua, por iso penso que é importante ampliar e diversificar a industria do audiovisual galego”.
Ten claro ademais que a curta será realizada íntegramente en galego. “Penso que é importante apoiar a creación de produtos audiovisuais en galego”.
Ademais, para facer o equipo, deron cabida no sector as novas xeracións. “É unha industria na que é complicado entrar, por iso apostei por un equipo formado por máis de 20 mozos e mozas que están empezando o seu camiño no audiovisual galego”, explica. “Tamén contamos cun elenco moi experimentado e con gran traxectoria no panorama audiovisual”, como Beatriz Villanueva e Sara Sanz, ademais de Mateo Rodríguez, Emilio Salgado e Carlos Acuña.
Buscando colaboradores
O proxecto segue buscando colaboradores, unha vez que xa contan coa axuda de Cafés Candelas, Froiz, Omix Cambre, Concello de Cambre, e a Deputacion de A Coruña.
Sinopse
Nesta ficción contan a historia de Marga, “unha psicóloga obsesionada polos problemas dos seus doentes e que a somerxen nunha viaxe cara os abismos da súa propia mente, onde os límites entre a realidade e os soños se desdebuxan. A obsesión lévanos a deixar de distinguir certas realidades e a encontrar similitudes onde non as hai. En “Somnia” cóntase como o subconsciente nos pode conducir ao límite e a reordear as nosas prioridades, buscando tapar aquelas feridas que están sen cicatrizar”, explicanos Añón.