InicioECONOMÍAPersoal da consultora DXC Technology mobilízase na cidade contra a "perda de...

Persoal da consultora DXC Technology mobilízase na cidade contra a “perda de poder adquisitivo”

Publicada o

Por Amanda Ferpe

Persoal do grupo DXC Technology dos centros da Coruña e Santiago están chamados nesta xornada, e na dos días 4 e 5, a xornadas de folga contra a “perda de poder adquisitivo”.

“De entre un 17 e un 19 por cento neste últimos catro anos”, manifestou, en declaracións a Europa Press, o responsable de Servizos Técnicos de CCOO-Servizos, Iván Cordeiro, sobre unha situación que afecta en España a “entre a 6.000 e 7.000 persoas”.

“A nivel de Galicia estamos a falar dunhas 500 persoas, entre o centro de traballo da Coruña e de Santiago”, concretou nunha xornada de mobilización na cidade herculina ante oficinas dos seus principais clientes, Abanca e Bankinter.

Respecto ao seguimento da folga, explicou que é “difícil” de cuantificar “porque hai moitísimo teletraballo” no sector. No entanto, apuntou que nas últimas mobilizacións en Galicia “houbo un seguimento de aproximadamente un 30% do persoal”. “Cremos que hoxe houbo aínda máis”, apostilou. Con esta xornada de protesta, lembrou, cúmprese o terceiro mes de folgas do persoal de DXC, que xa secundou dous días de paro en marzo e outros dous no mes de abril.

En canto á afectación aos clientes das entidades bancarias, Cordeiro sinalou que “principalmente na Coruña o máis afectado é Abanca, igual que nas pasadas concentracións” nas que “houbo bastante repercusión”. En contraposición, fontes da entidade financeira indicaron a Europa Press que a folga non afectou aos seus clientes.

ÚLTIMAS

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

O eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as liñas turísticas que o Concello presenta en FITUR

O Concello da Coruña non faltou a FITUR. Sen a involucración do ano pasado,...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

O CITIC da UDC será a sede para unha conferencia sobre o enfoque científico-práctico para “a IA verde”

O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) acollerá o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here