InicioBARRIOSPiden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Piden solucionar a situación laboral do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Publicada o

Por editor

O Centro de Orientación Familiar de Orillamar, un servizo de xestión partillada entre o Sergas e o Concello situado ao carón da Policía Local, é un espazo fundamental para promover a saúde afectivo-sexual, traballar na prevención de embarazos non desexados, e axudar a solventar conflitos familiares.

Pero se a saúde das sáus traballadoras non é boa, dificilmente van poder axudar ás familias. De aí a esixencia do BNG, que despois de coñecer a “grave” situación laboral do centro, pide ao Concello, responsable do cadro de persoal, cubrir as vacantes que se están a producir. I é que das 5 traballadoras (1 traballadora social, 1 psicóloga clínica e tres administrativas), só unha está traballando con normalidade.

Explica a edil Mercedes Queixas que “o COF non dispón de psicóloga clínica desde a xubilación de titular en maio de 2023, cuberta apenas de forma temporal, co que isto representa de precarización na atención da saúde das mulleres”, asegurando que levará este tema ao pleno deste xoves.

”Non só non se cubriu de forma estábel a praza da psicóloga clínica, senón que das tres administrativas que en teoría forman parte do cadro de persoal o COF só dispón neste momento dunha. E esta nin sequera é substituída pro persoal cualificado cando está de baixa, “o que está a impedir o correcto funcionamento organizativo do centro: non hai quen atenda o teléfono nin quen xestione as citas médicas”, alerta Queixas.

O BNG “xa denunciou en múltiples ocasións a desatención que o COF sofre por parte do Sergas, responsábel de que das dúas prazas de xinecoloxía das que o centro estaba dotado só exista unha fixa desde 2020. Mais infelizmente o Goberno Local tampouco cumpre coas súas obrigas e colabora na práctica no desmantelamento do centro”.

ÚLTIMAS

PSOE e BNG chegan a un principio de acordo para sacar adiante os Orzamentos 2026

O grupo de goberno (PSOE) e o BNG presentaron esta mañá o seu principio...

Inés Rey reta ao PP a acudir aos xulgados tras pedir a súa dimisión polas denuncias de acoso laboral

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou, tras reiterar o PP a...

Confirman a viabilidade, extraoficial, das viaxes culturais de fin de cursos do Fórum e do Ágora

Cheo a rebentar no Fórum para a reunión convocada polo IMCE cos usuarios dos...

Vixiantes de seguridade móbilizanse no CHUAC contra a precariedade e as agresións

Vixiantes de seguridade mobilizáronse este luns na contorna do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here