InicioSen categorizarO Concello denega a participación no Pleno ao plataforma cívica Galiza pola...

O Concello denega a participación no Pleno ao plataforma cívica Galiza pola República e Polo Dereito a Decidir

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta mañá de xoves hai pleno en Maria Pita. Un pleno no que quería participar a plataforma cívica Galiza pola República e Polo Dereito a Decidir, colectivo que agrupa a 28 entidades de todo tipo da comarca da Coruña, para ofrecer a súa opinión desde o Escano Cidadán, co gallo do 10º aniversario da coroación do rei Felipe VI, (19 de xuño de 2014).

A Plataforma sinalaba que a súa intención era “falar sobre a figura do exmonarca Juan Carlos e os motivos da súa abdicación, así como da necesidade dun referendo consultivo sobre o modelo político e institucional da forma de Estado. Consideramos que as diversas administracións do actual Estado, tal como son os Concellos, polo seu carácter democrático, deben dar paso ás opinións da cidadanía e as súas entidades representativas en exercicio dos seus dereitos constitucionais”.

Pero a súa solicitude foi denegada polo Departamento de Participación Cidadá ao considerar que “o asunto a expoñer non se considera de interese municipal”.

”Ata cando a Coruña vai ser un sitio distinto para o PSOE?” pregúntanse a Plataforma, formada polas seguintes entidades: A.C. Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, C.S. Gomes Gaioso da Coruña, A.C. Irmáns Suárez Picallo de Sada, Cultura Aberta de Carral, Anova, BNG, Corrente Vermella, Marea Atlántica, Podemos, Sada Maioría, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Xuventudes Socialistas, Erguer, CIG, Vangarda Obreira, Eira Vella de Betanzos, A.C. Vieiros de Oleiros, Colectivo das Pedras Galladas de Culleredo, A.C. Roxín Roxal de Paderne, A.S.C. Campo de Pena, Proxecto Cárcere da Coruña, CRMH da Coruña, Irmandade Moncho Valcarce, ARMH da Coruña.

O colectivo lembra que, por exemplo o Goberno municipal de Pontevedra (BNG, PSdeG-PSOE) acordaba o 15 de febreiro de 2021 cambiar a avenida Juan Carlos I por Virxinia Pereira (compañeira de Castelao); ou que o pleno de Sada acordaba cos votos de Sada Maioría, BNG e Alternativa dos Veciños, e abstención do PSOE, “instar ao Goberno do Estado a que inicie os procesos necesarios para a celebración dun referendo ou consulta á cidadanía sobre a forma de Estado: monarquía ou república”.

Máis novas

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

“A existencia destes 38 restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación”

Familias de republicanos da Coruña internados en campos nazis súmanse á querela contra o franquismo

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

 

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña presenta ampliación da súa denuncia pola queima de camións de recollida de lixo

O Concello da Coruña presentou a ampliación da súa denuncia pola queima de camións...

Un accidente entre dous coches en Cambre deixa retencións dun quilómetro

O 112-Galicia rexistrou na tarde deste venres un accidente de tráfico en Cambre, que...

Inés Rey apela ó aumento de investimento en bolsas comedor e nega que quede fóra xente “necesitada”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou ao aumento de investimento en bolsas comedor...

O reitor da UDC urxe financiamento para as universidades na apertura do curso académico

O reitor da Universidade dá Coruña (UDC), Ricardo Cao, demandou un incremento do financiamento...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here