InicioCULTURAO (S8) volveu acender o proxector de 70 mm da Domus da...

O (S8) volveu acender o proxector de 70 mm da Domus da man de Margaret Honda

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Avanza a XV Mostra de Cinema Periférico (S8). E xa ten vivido un dos momentos máis destacables desta edición coa presenza de Margaret Honda (San Diego, 1961). A aproximación desta creadora ao cinema procede do interese na súa parte material: o tipo de película, o proceso fotoquímico, a colorimetría. As súas obras non se poden reproducir máis que no seu formato orixinal en celuloide; a maneira en que Honda concibe e aborda a súa obra achéganos máis a unha peza escultórica nun museo que a unha cinta fílmica nun festival.

Así (S8) aceptou o reto que supón proxectar unha peza como Spectrum Reverse Spectrum, feita en película de 70 mm, sen cámara, só con ferramentas de posprodución e cuxa proxección só é posible no seu formato orixinal. Unha experiencia sensorial que puido ser gozada moi poucas veces na historia e que, en España, tivo lugar por primeira vez o xoves 6 de xuño no (S8) grazas ás instalacións e equipamento do museo científico coruñés Domus.

Margaret Honda na Domus by Andrea Rodríguez
Margaret Honda na Domus by Andrea Rodríguez

O museo da Coruña conta con dous proxectores desas características. A propia Margaret Honda comentaba esta mañá que a Domus estaba equipada cunha das mellores cabinas de proxección que ela coñecera. A película de 70 mm é un tamaño de película de alta resolución. A tecnoloxía IMAX , a mesma dos proxectores da Domus, proporcionaba unha maior calidade de son. A partir dos anos noventa, cando xorden os sistemas de son dixital para impresións de 35 mm, foi desaparecendo xa que tiña un custo económico moi superior.

Tal como conta Elena Duque, a programadora do festival “a primeira película de Margaret Honda (San Diego, 1961), Spectrum Reverse Spectrum, é de hai dez anos (2014) e está feita en 70 mm. Quen podería pensar en usar o formato de cinema máis grande e espectacular para iniciarse neste? Sen ningunha intención de volver o seu ollar á épica, Honda simplemente viu no 70 mm un material co cal levar a cabo unha idea que xurdiu despois dunha longa carreira dedicada principalmente á escultura (que continúa hoxe)”.

Todo o programa en s8cinema.com

Máis novas

A XV edición da Mostra de Cinema Periférico da Coruña ofrece máis de 20 sesións de vangarda cinematográfica

O (S8) Mostra de Cinema Periférico converte A Coruña no centro mundial do cinema de vangarda

ÚLTIMAS

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e estafas de factura

A Garda Civil da Coruña recupera 16.700 euros e bloquea outros 126.000 en fraudes de investimento e...

Colaboración entre a UDC e o Hospital de Ferrol para desenvolver lentes de realidade aumentada en cirurxía

Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) colaboran co Campus Industrial de Ferrol...

Desestimada unha demanda por desafiuzamento nun edificio de Cambre promovida pola Sareb

A Audiencia Provincial desestimou o recurso de apelación interposto pola Sareb (coñecido como o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here