InicioECONOMÍAMariscadores a ría do Burgo denuncian que "hai quen non pode afrontar...

Mariscadores a ría do Burgo denuncian que “hai quen non pode afrontar pagos” e urxen axudas

Publicada o

Por europapress

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo han secudando este venres unha nova concentración en Oleiros, con corte de tráfico na zona da Pasaxe, para demandar a Xunta e Goberno o pago de axudas.

En declaracións a Europa Press, o seu portavoz, Manuel Baldomir, asegurou que hai quen “non pode afrontar pagos” como os da Seguridade Social o que impediría, ao ter débedas, que logo puidesen ser beneficiarios de axudas, segundo explicou. “No canto de avances nas negociacións, parece que hai unha volta atrás”, dixo despois de que na última reunión na Consellería non comparecese ningún representante da Xunta, expuxo.

Do Goberno, asegurou que eran representantes “sen capacidade de decisión”. “Só nos dixeron que recollían as nosas peticións e trasladábanas aos seus superiores”. “Ás negociacións teñen que acudir por ética política”, aseverou para cualificar o sucedido ao redor das súas demandas de “pouca seriedade política e pouca vontade”.

Por iso, dixo que seguirán protestando na rúa para “ver se dunha vez por todas as administracións abren os ollos”. Ademais, recalcou que ata que a cría creza e poidan faenar deben pasar “entre 18 e 24 meses”. “Eles mesmos recoñéceno, teñen que dar unha solución e non hai interese en dala”, lamentou.

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña acollerá o xuízo contra Luís Oujo por prevaricación para o que piden o sobresemento

A Audiencia da Coruña acollerá a próxima semana, do martes ao xoves, o xuízo...

A Coruña recibe á ‘Flotilla da Liberdade’ entre mostras de solidariedade e contra o “xenocidio” en Gaza

O buque 'Handala', integrante da Coalición da 'Flotilla da Liberdade' e que navega Rumbo...

O delegado do Goberno, sobre as axudas a mariscadores da ría do Burgo: “A Xunta ten a competencia”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, ofreceu á Xunta colaboración para a...

Acciona adxudícase o contrato da limpeza e o mantemento da costa de Arteixo

A área de Servizos Urbanos e Medio Ambiente de Acciona adxudicouse o contrato de...