InicioSOCIEDADEA Deputación da Coruña achega 70.000 euros ao Banco de Alimentos Rías...

A Deputación da Coruña achega 70.000 euros ao Banco de Alimentos Rías Altas

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña asinou un convenio co Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL), mediante o cal a institución provincial achegará 70.000 euros para a compra de alimentos de primeira necesidade e contratación de persoal. O acordo foi subscrito polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e polo responsable do BALRIAL, Manuel María Moura.

A achega da Deputación destinarase á adquisición de alimentos básicos, gastos de salarios e cotas da Seguridade Social de dúas coordinadoras e un condutor. A adquisición dos produtos forma parte do apoio alimentario, a principal razón de ser dos Bancos de Alimentos, que loitan contra a exclusión e a pobreza pondo comida a disposición das familias vulnerables. Ademais, contribúen a loitar contra o mal uso dos alimentos e a evitar o desperdicio.

No ano 2022 case un de cada catro galegos/as estaba en risco de pobreza ou exclusión social. Durante 2023, só o BALRIAL contou con 27.111 persoa beneficiarias a través de 151 entidades, e repartiu 2,3 millóns de quilos de alimentos. Por outra banda, a contratación de persoal é fundamental para os Bancos de Alimentos, a pesar de que o seu labor está sustentada por voluntarios. Así, requiren de profesionais para funcións específicas para garantir a boa xestión.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...