InicioSOCIEDADEDeputación da Coruña e COGAMI impulsan a inserción laboral de 444 persoas...

Deputación da Coruña e COGAMI impulsan a inserción laboral de 444 persoas con discapacidade

Publicada o

Por europapress

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asinaron este mércores un convenio de colaboración, que establece unha achega de 105.000 euros.

Esta axuda da institución provincial supón máis de 22 % do orzamento do Servizo de Intermediación Laboral para persoas con discapacidade da provincia durante 2024, un servizo que no primeiro semestre do ano xa permitiu a inserción labotal de 444 persoas.

González Formoso puxo en valor o “fundamental labor que realiza COGAMI no ámbito da inserción social e laboral das persoas con discapacidade”; mentres que Anxo Queiruga advertiu de que “é necesario apoiar o servizo de intermediación laboral específico de atención a persoas con discapacidade porque supón un soporte para que este colectivo poida atopar emprego” e agradeceu o apoio da Deputación nesta acción e noutras.

O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI permite apoiar ás persoas con discapacidade nas actividades vinculadas á procura activa de emprego, e na actualidade conta con máis de 7.700 persoas usuarias na provincia da Coruña, dun total de 17.380 persoas en toda Galicia.

ÚLTIMAS

Avanzan cara unha nova fase as obras de remodelación nos Cantóns

As obras de remodelación dos Cantóns enfilan unha nova fase de actuacións que, a...

Queres saber cales son os primeiros grupos confirmados do Festival Noroeste?

Echo & The Bunnymen, Bongeziwe Mabandla e Mari Froes conforman as primeiras confirmacións do...

Cazan na Coruña a un ciberdelincuente “altamente activo” que estafou máis de 440.000 euros a empresas

A Garda Civil e a Ertzaintza, no marco da operación conxunta Zigula-Nigal, procederon á...

A Xunta avala a planta de residuos en Arteixo no informe de impacto ambiental

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou este venres no Diario Oficial...