InicioDEPORTESCamiño pola diversidade: 75 quilómetros correndo a favor da inclusión que comezan...

Camiño pola diversidade: 75 quilómetros correndo a favor da inclusión que comezan na Praza de María Pita

Publicada o

Por editor

A distancia é sempre relativa. Que son 75 quilómetros? Se é un traxecto que se debe completar en transporte público ou privado, pode significar aproximadamente unha hora de viaxe. Para moitos é un tempo razoable que se poden permitir. Pero, e se esta distancia se vai percorrer a pé, concretamente correndo, e empuxando cadeiras de rodas adaptadas?

Precisamente isto é o que os coruñeses de Empujando Sonrisas se propuxeron conseguir o vindeiro sábado 20 de xullo. Xunto co apoio dos corredores Toxos e Birras e o acompañamento de AssistTens Sports, están dispostos a correr polo Camiño de Santiago para completar a distancia que separa dúas das prazas máis emblemáticas de Galicia. O obxectivo non é outro que visibilizar a diversidade e normalizar a inclusión no mundo do deporte.

Un total de 20 corredores de todas as idades iranse relevando para completar os aproximadamente 75 quilómetros do traxecto. Para iso contarán co soporte de furgonetas de apoio que proporcionarán todo o necesario aos relevistas. O centro neurálxico da cidade de Coruña, a praza de María Pita, nunca estivo máis preto da praza do Obradoiro. E é que, aínda que o traxecto que as separa non varíe, Empujando Sonrisas, vai facer que estes dous puntos se unan simbolicamente a favor dunha mensaxe de inclusión.

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here