InicioCAMBRECastrexos e romanos selaron a paz na divertida VII Galaicoi

Castrexos e romanos selaron a paz na divertida VII Galaicoi

Publicada o

Por editor

Fermosa fin de semana a que se viviu en Cambre con esta festa histórica do Galaicoi. Despois de tres días de negociacións, con armas de por medio, Castros e Romanos asinaban o seu acordo de paz, a Tessera Hospitalis. Un acordo que chegou tras unha feroz batalla final na zona do castro na que os guerreiros de ambas as faccións deron todo.

Galaicoi Cambre 2024 batalla

Foi o broche de ouro dominical a esta sétima edición da festa histórica, que bateu todas as marcas de asistencia. Unha festa xa asentada entre a veciñanza, como se pode comprobar vendo o ambiente que crea a xente da vila disfrazada, grazas á implicación directa de máis de 20 as asociacións veciñais, culturais e deportivas de Cambre que ocuparon as cabanas castrexas, covertendo o castro nunha romaría tradicional.

FOTO CAMBRE- Segunda jornada Galaicoi 6 copia

A programación deste ano incluíu un concerto do grupo Pelepau, representacións teatrais da compañía Noite Bohemia, recreacións de batallas, showcookings de pratos típicos da época, pasacalles, obradoiros de artesanía tradicional e un mercado con preto de 50 postos.

Unhas das citas máis esperadas foron as cruentas batallas, como a do sábado, na que os romanos intentaron o asedio co castro.

FOTO CAMBRE- Segunda jornada Galaicoi 7

FOTO CAMBRE- Segunda jornada Galaicoi 7

FOTO CAMBRE- Segunda jornada Galaicoi 7

 

Máis citas históricas

A Feira das Marabillas volve trasladar á Cidade Vella ao Medievo

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here