InicioSOCIEDADERestablécese a circulación ferroviaria dos trens de media distancia entre A Coruña...

Restablécese a circulación ferroviaria dos trens de media distancia entre A Coruña e Lugo

Publicada o

Por europapress

A circulación ferroviaria dos trens de media distancia entre A Coruña e Lugo xa se restableceu despois de permanecer interrompida desde a tarde do venres tras descarrilar un convoi de mercadorías no tramo situado entre Teixeiro (Curtis) e Oza dos Ríos.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Renfe, a saída das vías tivo lugar sobre as 17,00 horas da tarde do venres e durante a xornada do sábado estivo afectada a circulación.

Renfe explicou que se estableceu un plan de transporte alternativo por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros. Este domingo, sobre as 10.00 horas, Adif comunicou que a circulación xa se restableceu..

ÚLTIMAS

Empresarios de Hostalaría da Coruña rexeitan a taxa turística: “É so para recaudar”

O presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría da Coruña, Héctor Cañete, sumouse ao rexeitamento...

O TSXG revisa a autorización da planta de tratamento de aceites e hidrocarburos de Limpoil no porto de Oza

A sección 2 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha sentenza na...

A oposición pedirá no pleno transparencia arredor do Mundial 2030

Os dous grupos da oposición farán que o goberno municipal esclareza un pouco a...

Hospitalizadas dúas persoas tras incendiarse a cociña da súa vivenda en Elviña

Dúas persoas resultaron feridas este martes por mor dun incendio declarado na cociña dunha...