InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO TSXG revisa a autorización da planta de tratamento de aceites e...

O TSXG revisa a autorización da planta de tratamento de aceites e hidrocarburos de Limpoil no porto de Oza

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A sección 2 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha sentenza na que recoñece que o Concello de Oleiros si está lexitimado para impugnar a autorización outorgada pola Xunta á planta de tratamento de aceites e hidrocarburos que a empresa LIMPOIL quere instalar no Porto de Oza. Agora a Consellería de Medio Ambiente terá que resolver o rescurso interposto polo Concello, que inicialmente fora inadmitido.

O Concello demandaba que se anulase a autorización ambiental integrada outorgada a LIMPOIL, por ser contraria a dereito, alegando que a localización inadecuada (en plena ría, próxima a praias e zonas de interese ambiental e pesqueiro); existen deficiencias na avaliación ambiental (simplificada e sen informes suficientes); carece de protocolos de seguridade, medidas preventivas e xestión de augas residuais; e falta de rigor na análise dos efectos socioeconómicos e ambientais. Con esta setanza xudicial ordénase á administración autonómica a que se pronuncie expresamente sobre o fondo destas alegacións.

Esta mesma empresa xa fora denunciada no 2002 ante os tribunais polo Concello de Oleiros porque os vertidos que recollía nas augas do porto (restos de aceite, combustibles, etc…) eran derramados posteriormente nunha nave situada en Icaria, a través da rede de sumidoiros municipal.

Para o Concello “as características desta planta son totalmente incompatibles coa actividade pesqueira que hai no porto de Oza. Xa no seu día, o informe da Consellería de Medio Ambiente recollía o impacto desta planta nunha contorna especialmente sensible”. “Este peirao non é un polígono industrial e atópase a carón das praias de Oza e Santa Cristina e nas proximidades da ría do Burgo”, relatan fontes municipais. “Despois de décadas de loita por unha ría saneada, xeradora de riqueza a través de actividades de lecer, da pesca e do marisqueo, a cidadanía da comarca non debe sufrir a presenza dunha planta ilegal contaminante”.

 

ÚLTIMAS

A bici, un eixe prioritario na Semana Europea da Mobilidade

A Praza de Tabacos xa acolle as carpas que serven para desenvolver a Semana...

Arrinca a primeira edición da Mostra Expandida de Arte Contemporánea CAbe Coruña

Hoxe, xoves 17, e ata o domingo 20 de setembro, arrinca a primeira edición...

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here