InicioSOCIEDADEMinuto de silencio en homenaxe a Mercedes Ríos: a subdelegada pide unidade...

Minuto de silencio en homenaxe a Mercedes Ríos: a subdelegada pide unidade contra a violencia machista

Publicada o

Por elenagonfer
subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu este acto de  condena e de dor por este crime, que cualificou de inaceptable. Nas súas palabras, remarcou que “cada muller que é vítima dunha agresión, dun homicidio ou de calquera manifestación desta violencia fainos retroceder como democracia e como sociedade libre”. E reiterou o compromiso inquebrantable do Goberno pola defensa da igualdade e dos  dereitos e a seguridade das mulleres: “debémosllo a Mercedes e debémosllo ás máis de 5.400 mulleres que hoxe en Galicia están baixo a protección do sistema de seguimento policial viogen”
Antes de gardar o minuto de silencio, María Rivas trasladou as condolencias e o afecto en nome propio e do Goberno á familia de Mercedes, acompañada por traballadores e traballadoras da Delegación do Goberno e por integrantes das forzas e corpos de seguridade do Estado. Entre eles atopábase o xefe superior de Policía de Galicia, Ramón Gómez; e o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Jorge Bodelón. Tamén asistiron a xefa da Unidade de Coordinación contra a Violencia de Xénero da Delegación, María Debén, e a concelleira de Benestar social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña, Nereida Canosa, e a concelleira de Infraestruturas do mesmo Concello, Noemí Díaz.
CONFIRMACIÓN
Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero cualificou esta mañá o crime de Mercedes Ríos, de 74 anos, como crime machista, o que o converte no 69 cometido en Galicia dende o ano 2003.
Con Mercedes, son 7 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que vai de ano en España. Desde o inicio das estatísticas en 2003, 1.272 mulleres foron asasinadas en España por crimes machistas. “Cada un deses nomes reafirma o compromiso deste Goberno pola erradicación da violencia gratuíta e sen sentido que sofren as mulleres só polo feito de ser muller”, remarcou a subdelegada.
RECURSOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O Ministerio de Igualdade, a través da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, quere lembrar que o teléfono 016, as consultas en liña a través do email 016-online@igualdad.gob.es, a canle do WhatsApp no número 600 000 016 e o chat en liña, accesible desde a páxina web violenciagenero.igualdade.gob.es/, funcionan as 24 horas, todos os días da semana. No 016 pódese pedir asesoramento sobre os recursos dispoñibles e os dereitos das vítimas de violencia de xénero, así como asesoramento xurídico de 8 h a 22 h todos os días da semana, con atención en 53 idiomas e un servizo adaptado a posibles situacións de discapacidade.

 

DECLARACIÓN DE SÁNCHEZ

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, trasladou a súa “repulsa” tras confirmarse o caso unha muller de 74 anos asasinada o pasado venres na Coruña, presuntamente a mans do seu marido, e pediu “unidade, recursos e firmeza” para loitar contra a violencia de xénero. “Todo o meu agarimo para a familia e amigos da muller asasinada pola violencia machista na Coruña”, expresou Sánchez este luns nunha mensaxe publicada na súa conta da rede social ‘X’.

Ademais, o presidente do Executivo insistiu na importancia de pór recursos para loitar contra a violencia machista e conseguir unha “sociedade xusta”. “Unha sociedade xusta e avanzada é incompatible coa violencia de xénero. Unidade, recursos, repulsa e firmeza fronte a esta violencia estrutural. Se es vítima, chama ao 016”, subliñou.

ÚLTIMAS

Detido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos en Juana de Vega

Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade...

Operativas outras 3 estacións de Bicicoruña entre o Martinete e Novo Mesoiro

Despois das activadas a semana pasada en Monte Alto, Vioño e Lonzas, o Concello...

De telonear aos Sex Pistols á Mardi Gras

Mentres camiña cara o seu 26 aniversario, continñua vivo a milagre da Sala Mardi...

O Concello da Coruña reunirase co sector hosteleiro para abordar a taxa turística

Representantes do Concello da cidade herculina e da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here