InicioA CORUÑACondenan ao Concello de Coruña a pagar o servizo de xestión de...

Condenan ao Concello de Coruña a pagar o servizo de xestión de augas residuais en dúas urbanizacións da Zapateira

Publicada o

Por editor

A concesionaria da xestión de saneamento das augas residuais do Concello de Culleredo -Gestión y Técnicas del Agua S.A.-  estivo dende 2017 ata 2022 realizando as mesmas labores para os máis de 700 veciñ@a de dúas urbanizacións de Valaire e O Carón, situadas na Zapateira, no termo municipal da Coruña. E malia ter facturado os 760.375 euros polos servizos prestados, nunca recibira o pago das facturas.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), “as correspondentes tarifas aprobadas cobrounas a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, sen que llas entregase despois á concesionaria, senón ao Concello da Coruña, que se lucrou indebidamente duns importes por uns servizos que non prestou e cuxas tarifas consentiu”.

Así, o TSXG vén de acoller en parte o recurso presentado pola empresa contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 3 da Coruña, e declara o dereito de Gestión y Técnicas del Agua S.A. a percibir eses 760.375 euros por parte do Concello coruñés.

Con todo, o auto tamén matiza que as facturas levan todas o mesmo importe a pesar de que deberían depender dos caudais das augas que se vertían. Por este motivo, segundo afirman na sentenza, “non se pode validar aquel importe carente da debida xustificación, pero tampouco se pode prestar aprobación, sen máis, aos importes que percibiu a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña e que logo entregou ao Concello da Coruña, pois a retribución a que a concesionaria tiña dereito era a que procedía polos servizos realmente prestados e non polos importes recadados (puido haber descubertos)”.
Por iso, explican que o acollemento do recurso (e da demanda) ten que ser parcial, “para declarar o dereito da concesionaria a que esa entidade local lle abone os importes tarifados que procedan polos servizos realmente prestados e medidos, incluídos os do primeiro trimestre do ano 2017, xa que non prescribiron”.

“Abonda con que vertan os inmobles daquelas urbanizacións as súas augas residuais á rede de saneamento do municipio de Culleredo para que a concesionaria que xestiona indirectamente tal servizo teña dereito a percibir a retribución pactada que ninguén impugnou, nin por ser indebida, nin por ser excesiva, e sen que a iso se opoña tampouco o feito de que esas augas discorran despois por outro termo municipal ata a depuradora, o que podería dar lugar a outro tipo de compensación que aquí non se pode examinar”, destaca o alto tribunal galego.

ÚLTIMAS

O Concello de Oleiros gaña nos xulgados a un lobby israelí que pretendía censurar a información dos paneis luminosos

Son famosos os carteis luminosos do Concello de Carballo, por alternar información cidadá práctica...

O TSXG valida o proceso do Concello da Coruña para inscribir ao seu nome a Casa Escariz

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación dos...

Inés Rey non dimitirá e o BNG e a dirección do PSdG apoian a medida

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, vinculou...

Mohamed Safa debulla o xenocidio de Gaza nunha nova conferencia na AC Alexandre Bóveda

Co recoñecemento da Rede Acampa pola Paz pola Defensa dos DDHH recén recollido, Mohamed...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here