InicioMOV. SOCIAISInstitucións Penitenciarias recoñeceu o papel da Fundación Érguete polo Día da Mercé

Institucións Penitenciarias recoñeceu o papel da Fundación Érguete polo Día da Mercé

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Centro de Inserción Social da Coruña acollía esta mañá a celebración polo Día da Mercé. Un día, sen internos (as persoas en réxime de semiliberdade que transitan na súa condena polo terceiro grao poden volver a casa cada venres), para celebrar a patroa das Insitucións Penitenciarias, que a Secretaría Xeral e o Ministerio aproveita para premiar a funcionarios, e nalgún caso, ás entidades sociais que traballan arredor do CIS.

En presenza da subdelegada do Goberno María Rivas e a presidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías (cómpre lembrar que o CIS leva o nome de Carmela Arias y Díaz de Rábago, primeira presidenta da Fundación), abriu a xornada a directora do Centro, Carla García, que destacou no seu discurso a primeira foto do evento, con 3 mulleres sentadas en postos de responsabilidade. “Se Concepción Arenal levantará a cabeza estaría orgullosa”, sinalou, dando exemplos de como as mulleres segue botando abaixo teitos de cristal (puxo como exemplos a primeira presidenta do Tribunal Supremo, María Isabel Perelló; ou a primeira árbitra da 1ª División, Marta Huerta).
Pero non esqueceu o repunte de casos de violencia machista que sufrimos neses meses, apelando á sororidade entre mulleres e na responsabilidade das administracións para que “o que agora é un fito histórico sexa algo evidente para os nosos fillos e fillas”.

Dia da Merce no CIS Coruna
Pilar Romero Vázquez-Gulías, María Rivas e Carla García na mesa do Día da Mercé, no evento presentado pola tamén recoñecida Cristina Remeseiro Cao

García parabenizou aos premiados na xornada, en boa medida aos funcionarios que reciben a Medalla de Bronce ao Mérito Penitenciario. Pero sobre todo destacou o papel das profesionais Rosaura Romo e Ana Suárez, da Fundación Érguete, “por crer no voso traballo e polo o acompañamento que facedes que fai crecer o proceso de reinserción que ten que fomentar esta institución”.

Rosaura Romo e Ana Suarez tecnicas de Erguete reconecidas
Rosaura Romo e Ana Suárez coas súas medallas

A Subdelegada do goberno Maria Rivas destacou fixo un repaso lexislativo, deixando claro queda “moito traballo por facer, despois de 45 anos de traballo penitenciario dende a Lei de 1979”. Deu protagonismo ao “persoal de Institucións Penitenciarias”, neste día de recoñecementos internos, pero tamén destacou “o papel fundamental de apoio das empresas da contorna para atopar traballo a internos, que supón moito máis que un salario”.

A Subdelegada tamén puxo en valor, e destacou como exemplo de colaboración entre entidades o papel das técnicas de Érguete, que están detrás de proxectos fundamentais como Épico, ou o Eva, programas estatais que se desenvolven de xeito pioneiro nas prisións coruñesas coa colaboración intrínseca de Érguete.

Rivas non quixo esquecer a labor dos estamentos xudiciais e policiais “como eslabóns fundamentais da cadena de reinserción”, obviando, iso sí, a falta de comunicación interna entre ás tres institucións.

A xornada tamén deixou dúas mencións honoríficas a dous funcionarios Cristina Remeseiro Cao e Jose Enrique Robelo Sande, polos seus 25 anos de traxectoria profesional, ademais de dar un detalle polas xubilacións aos Jose Manuel Fdez Martínez, Jose Miguel Olmos Díaz, Jose Luis García Alonso.

Máis novas

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Touriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na vida e no traballo, é seguir xogando como un neno”

De prisión, a activistas contra o lixo plástico

ÚLTIMAS

A veciñanza das Xubias e a plataforma cívica Defensa do Común presentan alegacións ao convenio de Ginko

Os colectivos veciñais da plataforma cívica Defensa do Común e a asociación Eumedre das...

Rivas esixe áxil resposta da Xunta ante as demandas dos mariscadores do Burgo

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, emprazou á Xunta a determinar "en...

O estudantado universitario convoca unha folga polo dereito a unha vivenda digna

Segue a problemática da vivenda sendo a máis grave que afronta o noso país...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here